Monthly Archives: octubre 2018

FESTA DO MAGOSTO

 

 

 

 

 

Estimadas familias,

A ANPA TORRE DE GOIÁNS vai  organizar este VENRES 26 de OCTUBRE a festa do Magosto. Será no pabellón do colexio, desde as 16:30 ata as 19:30 horas.

A entrada será gratuita para as familias socias da ANPA. Os precios das entradas para  non socixs será de 3€ nenxs e 2€ adultxs.  A ANPA aportará as castañas, e ademais contaremos con monitorado, inchables e música para o disfrute da rapazada.

Instalarase unha pequena cantina con refrescos, café e chocolate a precios populares, co fin de recaudar fondos para as excursións. Asimesmo, pedimos a vosa colaboración na preparación e elaboración da merenda, con postres, dulces típicos…  que podedes traer ese mesmo día a festa.

Sen outro particular, aproveitamos a ocasión para saudalos atentamente,

 

A Xunta Directiva

RESULTADO Enquisa sobre a nova organización da saída de infantil.

 

Agradecemos ás familias do alumnado de educación infantil a participación nesta enquisa!!!

 

CLICA PARA VER O RESULTADO: resultadosENQUISA

 

SAÚDOS.

 

 

Entrega de equipos informáticos

e-Dixgal

Mañá 10 de outubro faremos entrega dos equipos informáticos ao alumnado.

Consta de portátil identificado co nome do usuario, funda identificada cos datos do Centro, cargador, lapis táctil e libreto de instrucións e garantía.

A primeira actuación que teñen que realizar cando o alumnado chegue a casa co equipamento, é a comprobación de que teñen todo o material, recoller a copia do acordo de cesión e poñer os equipos a cargar.

Xoves, cos equipos xa cargados, darémoslles as primeiras instrucións ao alumnado para que poidan comezar o seu uso.

SAÚDOS, o equipo docente de 5º nivel

Propostas para escola de pais

Dende a Consellería de Cultura Educación e Ordenación Universitaria piden a nosa colaboración para por en funcionamento escolas de nais e pais.

Solicitan que a ANPA recolla a seguinte información:

1. Temática/s de interese.

2. Nº de horas de formación ás que estarían dispostas a acudir as familias.

3. Posibles datas dentro deste primeiro trimestre.

4. Estimación de nais e pais que acudirían á devandita formación.

Por favor, se hai algún tema que vos pareza interesante para este tipo de formación dirixida a nais e país, podedes deixar aquí as vosas suxerencias antes do 15 de outubro.

Moitas gracias.