Daily Archives: 6 octubre, 2018
Propostas para escola de pais
Dende a Consellería de Cultura Educación e Ordenación Universitaria piden a nosa colaboración para por en funcionamento escolas de nais e pais.
Solicitan que a ANPA recolla a seguinte información:
1. Temática/s de interese.
2. Nº de horas de formación ás que estarían dispostas a acudir as familias.
3. Posibles datas dentro deste primeiro trimestre.
4. Estimación de nais e pais que acudirían á devandita formación.
Por favor, se hai algún tema que vos pareza interesante para este tipo de formación dirixida a nais e país, podedes deixar aquí as vosas suxerencias antes do 15 de outubro.
Moitas gracias.