Daily Archives: 9 octubre, 2018

Entrega de equipos informáticos

e-Dixgal

Mañá 10 de outubro faremos entrega dos equipos informáticos ao alumnado.

Consta de portátil identificado co nome do usuario, funda identificada cos datos do Centro, cargador, lapis táctil e libreto de instrucións e garantía.

A primeira actuación que teñen que realizar cando o alumnado chegue a casa co equipamento, é a comprobación de que teñen todo o material, recoller a copia do acordo de cesión e poñer os equipos a cargar.

Xoves, cos equipos xa cargados, darémoslles as primeiras instrucións ao alumnado para que poidan comezar o seu uso.

SAÚDOS, o equipo docente de 5º nivel