Category Archives: Actividades de interese
10 de maio pequerruta “Bordear Iroite”
Desde o Club de Montaña do Barbanza Vintedouspés consideramos que o contacto ca natureza é moi importante para o benestar dos nenos/as e mozos/as tanto a nivel físico como emocional, polo que vamos a promover neste ano catro rutas pensadas para eles.
O domingo 10 de maio vamos facer unha ruta pensada para nenos/as e mozas/os a partir de 8 anos, pequerruta “Bordear Iroite”.
Serán sobre 9,5 quilómetros e fácil de dificultade.
Cada menor deberá ir con pai/nai ou titor.
Empezaremos a andar nunha explanada que hai cerca de Casamea, carretera de Moimenta a Iroite (enlace a google maps da ubicación https://maps.app.goo.gl/V3k1LD5CBjXoPo4a8
A ruta percorre partes dos concellos de Lousame, Porto do Son e Boiro, iremos pola balconada de Iroite, tendo vistas da ría de Muros e Noia, estaremos polas chans do Barbanza e remataremos tendo vistas da ría de Arousa.
Iremos en coches particulares, quedamos de puntos de encontro:
En Boiro ás 10 enfrente á tenda Aluzzine nunha marquesiña da Avenida da Constitución cercana á Casa da Cultura de Boiro
Ou ás 10 e 25 en explanada que hai cerca de Casamea, carretera de Moimenta a Iroite (enlace a google maps da ubicación https://maps.app.goo.gl/V3k1LD5CBjXoPo4a8
Hai que levar calzado axeitado para andar, aconsellamos levar auga e algo para repoñer forzas bocadillo pequeno, froita, barriña enerxética ou froitos secos por exemplo.
Para inscribirte deberás
PASO 1 (dúas opcións):
Opción A: Federar ao menor para todo o 2026 -ten un coste reducido entre 0 e 13 anos 15 € e entre 14 e 17 anos 23 €- e facer ao acompañante seguro de día 8 € (se colles esta opción nas seguintes pequerrutas os menores xa non terían que pagar).
Opción B: Se prefires hai esta outra opción facer un seguro de día para o menor e para o acompañante, o coste son 8 € para os adultos e 5 € para os mozos.
No caso de que xa estés federado na federación galega de montañismo contacta con nos pois nese caso hai outra opción.
A modo de exemplo:
Se escolles a opción A e vai participar un menor de idades comprendidas entre 8 e 13 anos e un adulto e se vai federar o neno para todo o ano o coste son 23 €
Se escolles a opción B e vai participar un menor de idade e un adulto se fai seguro de día para o menor e o adulto o coste son 13 €.
No caso de máis nenos/as nunha familia sumar os nenos/as que correspondan.
Os ingresos se farán na conta ES2520800310553000121101 (Abanca) indicando nome e apelidos e pequerruta Iroite.
PASO 2: Mandar un correo electrónico a vintedouspes@gmail.com indicando pequerruta Iroite, nome, apelidos, nº de dni, data de nacemento do/a menor, nome, apelidos, nº de dni, data de nacemento, enderezo completo con código postal e telefono do adulto e lugar onde te incorporas Boiro ou Casamea.
O PRAZO PARA INSCRIBIRSE REMATA ÁS 20 HORAS DO 5 DE MAIO. Como as prazas son limitadas e se cubren por orde de inscrición pode ser que remate antes.
Se tes algunha dúbida ou queres máis información podes poñerte en contacto con nos no correo electrónico vintedouspes@gmail.com ou nos teléfonos 615637227 634602412
Neste ano temos previsto facer outras tres pequerrutas.
No caso de que te inscribas, o sábado 9 de maio a partir das 16 horas deberás consultar o noso blog (https://vintedouspes.blogspot.com/)por se hai algún cambio de última hora.
Saúdos do Club de Montaña do Barbanza Vintedouspés
Plan proxecta «Aprendo programando»
Próximas actividades no Concello

Escola de Música Concello de Boiro:
A partires do 2 de xuño e ata o18 de xuño, ábrese o prazo de preinscrición para o vindeiro curso.
O horario de oficina: Luns, mércores e venres de 10h a 13:30h e martes e xoves de 20h a 21h.
A oficina está situada no 4º andar do centro social.
Tlf de contacto: 655700626/669250643
Podedes facer a solicitude a través do seguinte enlace:
XI Carreira pola Diversidade
Estimadas familias:
Desde o colexio queremos convidarvos a participar na XI Carreira pola Diversidade 🏃♂️🎉, organizada pola Asociación Ambar das Persoas con Diversidade Funcional, que terá lugar o vindeiro domingo 11 de maio de 2025 📅 ás 10:00 h 🕙 na explanada de Coroso (Ribeira).
Este evento ten como obxectivo promover a inclusión e a participación de persoas con e sen diversidade funcional 🤝, nunha xornada deportiva e solidaria aberta a toda a cidadanía 🏡.
A carreira ofrece distintas modalidades para adaptarse a todas as idades e capacidades:
🏃♀️ Categoría Absoluta Mixta (5 km)
🏃♂️ Zapatilla Inclusiva (5 km)
🏎️ Handbike e Cadeira de Atletismo
👧🧒 Carreiras Infantís (de 100 m a 2 km)
🚶♂️🐾 Andaina libre (3,33 km) – ideal para camiñar en familia… e tamén con mascotas!
As inscricións están abertas ata o 6 de maio ✍️ e pódense realizar a través desta ligazón:
👉 Inscrición XI Carreira pola Diversidade
Prezo de inscrición: 7,50 € 💶.
As provas infantís son gratuítas.
Tamén existe a opción de colaborar a través do «Dorsal 0» 🎗️, para quen queira apoiar o evento sen participar presencialmente.
Todo o recadado destinarase a actividades de lecer e respiros familiares para as persoas usuarias da Asociación Ambar 💛.
É unha oportunidade estupenda para vivir unha mañá diferente ☀️, fomentar valores de inclusión e compartir un momento especial entre alumnado, familias e comunidade educativa 🎓👨👩👧👦.
Animádevos a participar e a difundir esta iniciativa! 🎈
Para máis información:
🌐 Web: asociacionambar.org/carreira-pola-diversidade
✉️ Correo: correo@asociacionambar.org
☎️ Teléfonos: 981 87 44 80″
IES Praia Barraña, xornada portas abertas
Dende o IES Praia Barraña queremos solictarvos a difusión da XORNADA DE PORTAS ABERTAS para:
– Nais/pais/ responsables legais do alumnado interesado en cursar 1º ESO.
– Alumnado e familias interesadas en cursar 1º de Bacharelato. Haberá unha aproximación especial para o alumnado da modalidade de artes.
A idea é que o venres 21 de febreiro se acheguen ata a aquí ( Avenida de Compostela, 50 en Boiro) e coñezan o noso proxecto educativo, ao profesorado e as instalacións do centro.
Será ás 17:00 horas.
Haberá servizo de canguraxe gratuíto.

Espazo FamiliaS Boiro
Innovador enfoque deste obradoiro co que e pretende unha actuación máis significativa e interxeracional.
O próximo venres 25 de abril ás 18:00h no IES Praia Barraña celebraremos a última xornada das programadas para este curso. Está deseñada para todo tipo de familias e idades, cun formato de compartir as distintas visións dos diferentes grupos de idade. Ao remate compartiremos uns petiscos. Agardámosvos con moita ilusión, cunha programación adaptada e con profesionais de experiencia contrastada.
Aproveita esta oportunidade, pode mellorar o día a día de toda a familia.

























































