IES Praia Barraña, xornada portas abertas

Dende o IES Praia Barraña queremos solictarvos a difusión da XORNADA DE PORTAS ABERTAS para: 

– Nais/pais/ responsables legais do alumnado interesado en cursar 1º ESO.
– Alumnado e familias interesadas en cursar 1º de Bacharelato. Haberá unha aproximación especial para o alumnado da modalidade de artes. 


A idea é que o venres 21 de febreiro se acheguen ata a aquí ( Avenida de Compostela, 50 en Boiro) e coñezan o noso proxecto educativo, ao profesorado e as instalacións do centro. 

Será ás 17:00 horas
Haberá servizo de canguraxe gratuíto. 

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *