Monthly Archives: abril 2015
DÍA DO LIBRO
Gracias ó equipo de bilioteca e o Grupo de Traballo de Técnicas Artísticas Aplicadas a Práctica Educativa.
http://photopeach.com/embed/11o77ve
Difusión – Colaboración… ENRIQUECEMENTO MUTUO!

Usando medios “arcaicos”?
Non sei se se pode chamar así a escribir unha carta, metela nun sobre, escribir dirección, pegar selo… e todo o que conleva enviar unha carta, pero… recibimos correo dende Barcelona! O CEIP Ramón Macip – Dolors Granés de Cardedeu (Barcelona), nos contan como é o seu mar Mediterráneo, e nós respostaremos como é o noso Atlántico (especies, problemas, propostas mellora, zonas LIC cercanas…)
Faremos un resumo do que nos contan e o compartiremos con todos vós.
APERTAS!!!!
OS PIRATAS DE 1º
Con motivo do Día do Libro, os nenos/as de 1º elaboraron estes divertidos libros de piratas.
1ºA
LISTAXES DEFINITIVAS DE ADMISIÓN DE ALUMNOS
Os nenos/as de 4º de Educación Infantil poderán coñecer o colexio nunha xornada de portas abertas que se celebrará no mes de xuño. Os 25 primeiros da lista poderán acudir ao centro o día 1 de xuño en horario de 12:15 a 13:15 e os 25 restantes o día 2 de xuño no mesmo horario.
O prazo de formalización de matrícula comezará o 20 de xuño e rematará o 30 de xuño e terán que entregar no centro a seguinte documentación:
1. Impreso de formalización.
2. Copia do boletín de vacinas.
3. Fotos tamaño carné co nome e apelidos por detrás: 4 para infantil e 2 para primaria.
4. Se é o caso, achega documental xudicial no que se especifique que ten a titoría do neno/a (separación…)
5. En caso de alerxias ou enfermidades graves achegar documentación médica.
6. Os alumnos/as de 4º de Educación Infantil entregarán o cuestionario de lingua materna.
IMPRESO DE FORMALIZACIÓN
CUESTIONARIO DE LINGUA MATERNA
CERTAME LITERARIO RAMÓN MARTÍNEZ LÓPEZ
Se estudas 3º, 4º, 5º ou 6º de Primaria, non olvides presentar o teu traballo ao CERTAME LITERARIO RAMÓN MARTÍNEZ LÓPEZ.
O prazo remata o 12 de maio.
Podes entregarllo ao teu profe ou na biblioteca.
Traballamos no horto
O pasado luns estivemos participando na conservación do noso horto escolar. Para iso o exmestre Bernardino e o profe de música Gustavo, guiáronnos nesta complexa tarefa. Sachamos, recollemos pedras, sementamos… pasámolo en grande!
Esperamos volver a repetir!
ROSALIAMOS

En marzo confluiron 3 datas sinaladas moi importantes…
mes da poesía, día da muller traballadora e día de Rosalía…
polo que concluímos que un bo homenaxe, sería recitar poemas dunha gran traballadora como foi Rosalía!
Os de infantil…
Os de primeiro…
Os de segundo…
Os de terceiro…
Os de cuarto…
e os de sexto… fixeron tres!!!!
Sexto B-C, ata con xestos para linguaxe de signos…
Sexto A-D, interpretan dous temazos. Dous poemas musicados por un exmestre de música deste Centro, Manuel Tubío.
Cantamos a Rosalía
Sexto A D, cantan dous poemas musicados polo exmestre deste centro Manuel Tubío.