Monthly Archives: octubre 2025
Samaín 2025
O próximo 30 de outubro celebramos o Samaín no CEIP Santa Baia!
Nos días previos nas aulas falaremos desta festividade e realizaremos actividades para que o alumnado coñeza esta parte da tradición galega.
As familias podedes colaborar axudándolles a preparar a cabaza para a exposición/acendido que realizaremos a noite do día 30! (se acudides, ao marchar podedes levar a cabaza que fixéchedes)
Este curso imos repartir as aportacións gastronómicas por ciclos, para que non haxa sobrante e así poder compartir o que traiades entre todas e todos. Para o Samaín convidamos ás familias de 4º de infantil e 1º ciclo de primaria a compartir os seus doces favoritos destas datas co resto da comunidade educativa.
A programación desa xornada na que colaboramos tanto o persoal do centro como membros da anpa, podedes consultalo no cartel!
- 17:00h festa no pavillón organizada pola Anpa con DJ Matrek, inchables… (socios gratis, non socios 4€)
- 19:00h acendido/exposición de cabazas
- 20:00h concertazo The Cunca’s
Agardamos e agradecemos a participación de todas e todos!
APERTAS!

















































