Monthly Archives: octubre 2026

Samaín 2026

Venres de Samaín.

Pola mañá traeremos as cabazas adornadas e degustaremos os doces.

En Infantil terán contacontos, desfile, música…

Pola tarde, a partires das 17:00h no pavillón, a Anpa organiza unha gran festa e ás 19:00h comezará a exposición de cabazas e degustación de doces. Ás 20:00h remataremos a xornada co concertazo do grupo The Cunca’s.

ELECCIÓNS REPRESENTANTES CONSELLO ESCOLAR

ACTUALIZACIÓN 22/10/26

Estimadas familias, continuamos co proceso de renovación de representantes no consello escolar. A Xunta electoral ven de aprobar as distintas convocatorias e o calendario de eleccións. Os censos están publicados para poder comprobar e realizar as posibles reclamacións:

  • Censo familias (nai/pai/titor/a legal): taboleiro fronte a secretaría.
  • Censo non docentes: na secretaría.
  • Censo docentes: na sala de xuntanzas.

O prazo de presentación de candidaturas para os distintos sectores vai desde o 23 de outubro ao 2 de novembro.

CONVOCATORIAS

Poderán exercer o seu dereito a voto de maneira telemática a través da aplicación abalar do 11 ou 17 de novembro, e de maneira presencial o 24 de novembro de 16:00 a 19:00h.

(info 9 de outubro)

Estimadas familias, comeza o proceso para a elección de representantes ao Consello Escolar do Centro.

O vindeiro xoves 15 de outubro ás 13:00h realizaremos o SORTEO PÚBLICO para designar aos membros da Xunta Electoral que organizará e velará polo correcto funcionamento de todo o proceso.

Na primeira xuntanza aprobarase o calendario electoral onde poderán atopar os prazos de presentación de candidaturas, exposición dos censos, prazos de reclamación…

Animamos a nais/pais e titores/as legais do alumnado a presentarse para coñecer mellor o funcionamento e poder facer propostas de mellora das dinámicas do centro.

Este ano hai unha novidade, habilitarase a opción de voto telemático a través da aplicación AbalarMobil.

Seguiremos informando.

SAÚDOS

BOIRO EN FAMILIA

Espacio de orientación e acompañamento familiar.

Calendario escolar

Seguindo a Orde do 4 de xuño do 2026, onde se regula o calendario escolar para o presente curso, os centros educativos de Boiro acordaron solicitar o 13 de outubro e o 30 de marzo (ademais do 7 de decembro,xa elixido pola administración, día do ensino).

Tema para o Samaín 2026