Monthly Archives: junio 2024
Libros de texto 2024/2025
Proceso de formalización de matrícula 2024/2025
Do día 20 ao 30 de xuño iniciamos o proceso de formalización de matrícula.
Lembramos que as matrículas do alumnado que está a cursar estudos neste centro realizaranse de forma automática.
Para a formalización de matrícula do novo alumnado de Educación Infantil debe presentar os seguintes documentos:
- Impreso de formalización da matrícula (Anexo III). Poderá cumprimentarse na aplicación admisión alumnado ou de forma manual.
- Dúas fotos de tamaño carné.
- Tarxeta sanitaria.
- En caso de separación, xuntar documentación xudicial.
- En caso de alerxias ou enfermidades graves, achegar documentación médica.
- Autorizacións:
- Cuestionario de lingua materna.
- Solicitude do uso do transporte escolar dependente da Xunta.
Para o alumnado de Educación Primaria de novo ingreso será necesaria a seguinte documentación:
- Impreso de formalización da matrícula (Anexo III). Poderá cumprimentarse na aplicación admisión alumnado ou de forma manual.
- Tarxeta sanitaria.
- En caso de separación, xuntar documentación xudicial.
- En caso de alerxias ou enfermidades graves, achegar documentación médica.
- Autorizacións:
- Solicitude do uso do transporte escolar dependente da Xunta.
Trastorno por Déficit de Atención e Hiperactividade.
Boas familias! Hoxe gustaríame compartir un video onde se recolle moi ben visualmente o TDAH e os seus tipos de clasificación. Coma familias e coma docentes é moi importante observar certas sinais que poden indicar a presenza do mesmo. Tamén , é moi necesario recordar que os TDAH subtipo Inatento pasan moi desapercibidos e enmascarados presentándose coma un alumnado tranquil@, con boas calificacións pero que con os anos poden comorbilizar con outros trastornos debido a non intervención axeitada e temprana.
Ante a sospeita ou dúbida de un posible TDAH, o máis recomendable é acudir ao pediatra , neuropediatra , psiquiatra infantil ou entidades con personal especializado, pois son eles os que únicamente poden facer un diagnóstico axeitado. O diagnótico é exclusivamente clínico e por tanto é un médico o que fai o mesmo , ainda que moitas veces pode estar apoiado por psicólogos, psicopedagogos, departamentos de orientación ou educadores que axudan a ter unha visión máis global do trastorno.
Aquí vos comparto o contacto da Fundación referente de TDAH de Galicia para consultar posibles dúbidas ou aspectos relacionados co mesmo. Instituto Galego de TDAH e trastornos asociados. https://www.fundacioningada.net/ . Moitos saúdos Maru
Día da bici, nova xornada sen CO2
Para o venres 14 de XUÑO realizaremos no centro a Quinta Xornada sen CO2 como actividade do Día Mundial do Medio Ambiente e promover a creación dun «Camiño Escolar Seguro» no concello. Consiste en realizar o desprazamento ao centro con medios de transporte libres de combustión. Realizaremos unha ruta acompañando a todas as persoas da comunidade educativa que así o decidan desde o cruce da rúa Estatuto de Galicia coa rúa Dereiros Humanos en bicicleta ou patinete ata o colexio, e volta.
Colaboración da Policía Local (seguridade vial) e Protección Civil (provisión de vallas no aparcamento do centro).
Esperamos que nos acompañen
SAÚDOS
E chegou Xuño…
Boas familia! Chegou Xuño e por fin o sol! Na aula de AL, seguimos facendo diversas cousas en función das necesidades do alumnado. Aquí vos deixo algunhas das actividades feitas:
Motricidade Fina: Na etapa de infantil , como comentei en anteriores entradas, é imprescindible o traballo de Conciencia Fonolóxica e todas as conciencias que acolle dentro. Tamén é de gran interese a motricidade fina en relación co posterior proceso lectoescritor, por iso ás veces reforzamos esta área con xogos ou actividades. O traballo en motricidade fina en educación infantil, non solo prepara ás crianzas para as tarefas académicas coma a escritura senon que tamén os axuda a desenvolver habilidades esenciais para a súa vida diaria e benestar.
Pero… ¿ A qué nos referimos con motricidade fina? Pois podemos dicir que son eses movementos pequerrechos e precisos , nos que utilizamos mans e dedos , e que son esenciais para dibuxar, escribir, abotonar,cortar etc. Ademáis teñen moita importancia porque axuda ao desenvolvemento cognitivo ( concentración, atención, estimulación), prepara para a escritura ( coordinación mano-ollo, fortalecemento dos músculos das mans e brazos) e favorece a súa autonomía posto que lles axuda en actividades prácticas e fomenta a creatividade e a interacción social.
Lectura Global apoiada por pictogramas: A lectura global con pictogramas é unha metodoloxía educativa que utiliza imaxes (pictogramas) xunto con palabras para facilitar a comprensión e a aprendizaxe da lectura especialmente na aula de AL con nenos con dificultades de aprendizaxe ou NEAE. Aquí vos comparto algún video onde vemos o divertida que pode ser as veces este tipo de lectura.
Dificultades lectoescritura : Neste punto estivemos a traballar co método Diverlexia de «Carmen Silva » co cal, ao longo dos anos formeime e utilicei por ser para min moi completo e con contido e actividades divertidas para o alumnado. Ahí vos deixo algunhas das fotos onde se traballa a búsqueda e diferenciación de categorías gramaticais, vocabulario novo e conciencia fonolóxica.( léxica, silábica e fonémica)
Conciencia Léxica : A conciencia léxica , como comentei noutras entradas é a capacidade de recoñecer as palabras como un todo e manipulalas dentro da linguaxe . A conciencia léxica, nos primeiros anos é moi importante posto que conforma a base das habilidades lingüísticas para a aprendizaxe da lectura e escritura. Neste video que vos comparto , facemos o traballo de conciencia léxica de maneira oral ( posto que é na etapa de infantil) mediante pedras de cores ( traballo multisensorial ) que pode contar o alumnado para identificar o números de palabras.
Con isto despídome ata a próxima entrada onde os compartirei actividades e consellos para realizar co alumnado no verán. Saúdos.
ABERTO PRAZO DE INSCRIPCIÓN ESCOLA DE MÚSCA CONCELLO DE BOIRO
A escola de Música do Concello de Boiro, abre o prazo para a solicitude de praza do próximo curso, podedes facelo na Escola de música (Centro Social de Boiro) en horario de oficina (luns, martes e mércores de 10 a 13:30h e martes e xoves de 20 a 21h , a oficina está na 4 planta centro) ou ben a través do enlace que vai a continuación:
https://forms.gle/rQ2RayVMGPzHRSS77
Para máis info: 669250643