Daily Archives: 7 junio, 2024
E chegou Xuño…
Boas familia! Chegou Xuño e por fin o sol! Na aula de AL, seguimos facendo diversas cousas en función das necesidades do alumnado. Aquí vos deixo algunhas das actividades feitas:
Motricidade Fina: Na etapa de infantil , como comentei en anteriores entradas, é imprescindible o traballo de Conciencia Fonolóxica e todas as conciencias que acolle dentro. Tamén é de gran interese a motricidade fina en relación co posterior proceso lectoescritor, por iso ás veces reforzamos esta área con xogos ou actividades. O traballo en motricidade fina en educación infantil, non solo prepara ás crianzas para as tarefas académicas coma a escritura senon que tamén os axuda a desenvolver habilidades esenciais para a súa vida diaria e benestar.
Pero… ¿ A qué nos referimos con motricidade fina? Pois podemos dicir que son eses movementos pequerrechos e precisos , nos que utilizamos mans e dedos , e que son esenciais para dibuxar, escribir, abotonar,cortar etc. Ademáis teñen moita importancia porque axuda ao desenvolvemento cognitivo ( concentración, atención, estimulación), prepara para a escritura ( coordinación mano-ollo, fortalecemento dos músculos das mans e brazos) e favorece a súa autonomía posto que lles axuda en actividades prácticas e fomenta a creatividade e a interacción social.
Lectura Global apoiada por pictogramas: A lectura global con pictogramas é unha metodoloxía educativa que utiliza imaxes (pictogramas) xunto con palabras para facilitar a comprensión e a aprendizaxe da lectura especialmente na aula de AL con nenos con dificultades de aprendizaxe ou NEAE. Aquí vos comparto algún video onde vemos o divertida que pode ser as veces este tipo de lectura.
Dificultades lectoescritura : Neste punto estivemos a traballar co método Diverlexia de «Carmen Silva » co cal, ao longo dos anos formeime e utilicei por ser para min moi completo e con contido e actividades divertidas para o alumnado. Ahí vos deixo algunhas das fotos onde se traballa a búsqueda e diferenciación de categorías gramaticais, vocabulario novo e conciencia fonolóxica.( léxica, silábica e fonémica)
Conciencia Léxica : A conciencia léxica , como comentei noutras entradas é a capacidade de recoñecer as palabras como un todo e manipulalas dentro da linguaxe . A conciencia léxica, nos primeiros anos é moi importante posto que conforma a base das habilidades lingüísticas para a aprendizaxe da lectura e escritura. Neste video que vos comparto , facemos o traballo de conciencia léxica de maneira oral ( posto que é na etapa de infantil) mediante pedras de cores ( traballo multisensorial ) que pode contar o alumnado para identificar o números de palabras.
Con isto despídome ata a próxima entrada onde os compartirei actividades e consellos para realizar co alumnado no verán. Saúdos.