Monthly Archives: noviembre 2020

BAIA RADIO

A continuación podes escoitar un novo programa da Baia Radio adicado, esta vez, á CIENCIA.

Posta en marcha do HORTO

A Asociación AMICOS colabora co noso Centro en varios aspectos. Este curso incluímos a súa colaboración coa posta en marcha do horto escolar, que durante o confinamento se botou a perder:

Invernadoiro antes da intervención.
Parcelas antes da intervención.

Despois da intervención dos usuarios e monitores de Amicos, xa temos o horto preparado para comezar coas actividades educativas co alumnado do Centro.

Invernadoiro despois da intervención.
Parcela despois da intervención.

En breves xornadas comezaremos coa plantación e coidado das parcelas e invernadoiro.

SAÚDOS

Distribución de máscaras entre o alumnado

ORDE do 6 de novembro de 2020 pola que se regulan os criterios e o procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes públicos dependentes desta consellería e en centros privados concertados no curso 2020/21 (código de procedemento ED330E).

BENEFICIARIOS:

  • Alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial que fose beneficiario da axuda para adquirir material escolar no curso 2020/2021. NON TERÁN QUE PRESENTAR SOLICITUDE.
  • Alumnado que non fose beneficiario da axuda para adquirir material escolar por diferentes circunstancias, pero:
  • Pertenza a familias con renda percápita igual ou inferior a 6.000 €.
  • Estea matriculado en educación especial, ou suxeito a tutela ou garda da Xunta de Galicia ou teña unha discapacidade igual ou superior ao 65%, con independencia da renda da unidade familiar.

PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES:

  • Unicamente de forma presencial no centro docente.
  • Prazo de presentación : do 16 ao 27 de novembro.

DOCUMENTACIÓN NECESARIA:

  • Anexos I e II.
  • Copia do libro de familia.
  • En caso de separación ou divorcio, ademais deberán achegar a sentenza xudicial e/ou convenio regulador onde conste a atribución da custodia do menor.