Monthly Archives: diciembre 2022
Bo Nadal e Felices Festas a todas as familias.
Remata o primeiro trimestre, e achéganse as ansiadas vacacións de Nadal por parte dos pequenxs. Despois de moito traballo por parte del@s , e ben merecido un pequeno descanso. Dende a aula de AL, mandámosvos esta felicitación de Nadal co noso abecedario. Ademáis achegamos unhas pequenas recomendacións para favorecer a Linguaxe nas casas cos alumnos/as de Educación Infantil . Esperamos que vos guste. Felices Festas e vémonos á volta.
Árbore xenealóxica
Na nosa aula de AL, falamos, comentamos historias, anécdotas e contos que dan lugar a preguntas e dúbidas. E… chas! Chegou a idea ! Despois de falar cunha alumna sobre as persoas que están e non están na nosa vida, xuntas decidimos poñernos mans á obra e argallar a súa árbore xeneolóxica para regalarlle a súa avoa polo Nadal.
E diredes… unha árbore xeneolóxica ?? Pois sí , e vaia que pode ser unha actividade moi atractiva para facer con alumnos/as con dificultades na linguaxe . ( TEL, Trastorno na lectura , escritura e outros…) Con esta actividade, estivemos a traballar moi duro durante o trimestre ata facer un gran libro familiar, onde a nena aprendeu a facer unha árbore a través das TAC , escribiu e fixo redaccións sobre todos os membros da familia, expresou emocións, lembrou historias e recordos de familiares que xa non están, debuxou e decorou e organizou toda a información. En relación coas áreas de AL, estivemos mellorando a conciencia léxica, vocabulario, rimas, expresión oral a través das fotos, organización da grafía no espazo, elaboración de oracións complexas e uso das autoinstruccións para facer redaccións sobre os familiares. Hoxe por fin poñemos fin a actividade con moito cariño , traballo e amor esperando que sexa un libro que perdure sempre con ela e coa familia. Aquí vos deixo algunha fotiño aínda que non se pode apreciar o bonitiño que quedou o Gran libro familiar.