Monthly Archives: junio 2023
Publicadas as listaxes axudas fondo libros e material
Xa están publicadas as listaxes provisionais dos beneficiarios de axuda para a adquisición de libros de texto e material escolar.
Poden consultala a través da aplicación https://www.edu.xunta.gal/fondolibros coa chave 365 ou na secretaría do centro.
Venres publicaranse as listaxes definitivas e poden pasar a recoller os vales a partires do martes 4 de xullo.
SAÚDOS
Recomendacións verán e incio próximo curso
Horario secretaría no verán
En agosto permanece pechado.
Ata o 14 de xullo en horario de 10:00 a 13:00h e ata fin de mes os martes e xoves.
INICIO CURSO 23/24
O 11 de setembro comezan as actividades lectivas (calendario escolar).
O horario de entrada e saída ao centro será o habitual (prepandemia), de 8:45h a 13:45h.
Os portais de acceso ao recinto abriranse ás 8:35h, pero non se poderá acceder aos edificios ata a hora de inicio das actividades lectivas.
Aínda que o alumnado poderá acceder ao recinto por calquera dos portais, recoméndase: Infantil, portal sur; Primaria, portal norte e transporte escolar, portal rampla.
A entrada ao edificio seguirá sendo para 5º e 6º pola porta principal, de 1º 4º polo patio cuberto e a infantil polo túnel.
Persoal do Centro. Tivemos 4 baixas e 3 novas incorporacións.
PRIMEIRO DÍA
Seguirase o horario habitual (8:45h-13:45h) excepto nos cursos que comezan etapa. 4º de infantil seguirá o calendario do período de adaptación e o alumnado 1º de primaria (1ºA e 1ºB) dirixirase á súa aula habitual de infantil. O alumnado de 2º irán á aula de música para coñecer ás novas persoas titoras que os acompañarán á novas aulas.
As familias do alumnado de 2º,3º e 5º recibirán un Abalar indicando o grupo ao que se deben dirixir.
Recomendamos que vaian traendo o material escolar pouco a pouco, para non sobrecargar as mochilas.
XUNTANZAS INICIO CURSO
MATERIAIS DE AULA
Infantil, as mestras ocuparanse de mercar o material.
LIBROS DE TEXTO
A listaxe publicada en xuño é co que se traballará este curso.
PLANO DO CENTRO
Esta será a distribución das aulas do alumnado de primaria para este curso.
Tamén poden facer unha visita 360º.
Aberto a reserva de praza para a Escola de Música de Boiro
EMB info difusión:
Boas🙂, neste mes de xuño, como cada ano, abrimos inscrición para que reservedes a vosa praza para o próximo curso, é importante que o fagades para non quedar sen ela🙂.
Recordade que esto non é a matrícula, será a partires do 15 de setembro cando teredes que, igualmente, cubrir o impreso de formalización da matrícula 🙂
Podedes facer a reserva a traves do enlace que vos envío, ou se preferides na escola en horario de oficina 🙂👋
Reserva a túa praza a través do enlace: