Daily Archives: 26 junio, 2023

INICIO CURSO 23/24

O 11 de setembro comezan as actividades lectivas (calendario escolar).

O horario de entrada e saída ao centro será o habitual (prepandemia), de 8:45h a 13:45h.

Os portais de acceso ao recinto abriranse ás 8:35h, pero non se poderá acceder aos edificios ata a hora de inicio das actividades lectivas.

Aínda que o alumnado poderá acceder ao recinto por calquera dos portais, recoméndase: Infantil, portal sur; Primaria, portal norte e transporte escolar, portal rampla.

A entrada ao edificio seguirá sendo para 5º e 6º pola porta principal, de 1º 4º polo patio cuberto e a infantil polo túnel.

Persoal do Centro. Tivemos 4 baixas e 3 novas incorporacións.

PRIMEIRO DÍA

Seguirase o horario habitual (8:45h-13:45h) excepto nos cursos que comezan etapa. 4º de infantil seguirá o calendario do período de adaptación e o alumnado 1º de primaria (1ºA e 1ºB) dirixirase á súa aula habitual de infantil. O alumnado de 2º irán á aula de música para coñecer ás novas persoas titoras que os acompañarán á novas aulas.

As familias do alumnado de 2º,3º e 5º recibirán un Abalar indicando o grupo ao que se deben dirixir.

Recomendamos que vaian traendo o material escolar pouco a pouco, para non sobrecargar as mochilas.

XUNTANZAS INICIO CURSO

Infantil

Primaria

MATERIAIS DE AULA

Infantil, as mestras ocuparanse de mercar o material.

Primeiro nivel

Segundo nivel

Terceiro nivel

Cuarto nivel

Quinto nivel

Sexto nivel

LIBROS DE TEXTO

A listaxe publicada en xuño é co que se traballará este curso.

PLANO DO CENTRO

Esta será a distribución das aulas do alumnado de primaria para este curso.

Tamén poden facer unha visita 360º.

MATERIAIS AULA 23/24

Iremos indicando nesta páxina a listaxe de material necesario para cada nivel educativo.

PRIMEIRO PRIMARIA

SEGUNDO PRIMARIA

TERCEIRO PRIMARIA

CUARTO PRIMARIA

QUINTO PRIMARIA

SEXTO PRIMARIA