Monthly Archives: mayo 2016
Recollida de tapóns solidarios
Presentación do libro «O xogo dos bolos en Boiro…
VENRES 27 DE MAIO ÁS 20:00H NO CENTRO SOCIAL DE BOIRO
O técnico de deportes do concello Geno Rodríguez, e será presentado polo alcalde Juan José Dieste.
Un día na aula de música…
Enche as rúas de arte!
Novo concurso Infantil e Xuvenil de Boiro. Organiza: AACUB e Concello de Boiro.
Participantes: Categoría Picassos (5 a 9 anos) e Categoría Laxeiros (10 a 14 anos).
A inscripción será na Casa da Cultura, Parque da Cachada, ese mesmo día de 9:00 ata as 11:00h. Os concursantes presentarán os soportes onde van pintar e debuxar que serán selados como única obra apresentar.
A entrega terá como límite as 14:00h. na Casa da cultura.
Anímate e divírtete!!
Vótanos!
Ata o 1 de xuño están abertas as votacións para este concurso Voz Natura.
Co teu voto podemos ser un dos 5 finalistas. Despois será un xurado quen elixa o gañador.
Inscribimos o vídeo Amor inCondicional, obra do alumnado de sexto do noso Centro, esperamos que vos guste!
GRACIAS POLA TÚA COLABORACIÓN!!!!!
http://premium.easypromosapp.com/voteme/306368/622965542
Tamén podedes votar a este no que participou un mestre do noso Centro.
http://premium.easypromosapp.com/voteme/306368/622976490
«ARTES» GALEGAS!
Para brindar homenaxe a Manuel María, convertemos o cole nun auténtico museo poético onde cada clase fixo unha ilustración dun dos seus poemas. Pero non contentos con isto, organizamos unha búsqueda do Tesouro onde as preguntas xiraban ao redor do autor e dos murais feitos, o resultado… UNHA PASADA! 🙂
Coma sempre, convidámosvos a que pasen e vexan… 🙂
Visita de Antón Riveiro Coello
Co gallo do Día do Libro, as nenas e nenos de 2º traballamos un relato de Antón Riveiro Coello :»Pirrrula ou un punto no ceo».
Ademais tivemos a sorte de poder coñecer a este importante autor galego afincado en Boiro, posto que veu ao noso cole a contarnos moitas cousas sobre a súa profesión como escritor.
E ata nos sorprendeu tocando a guitarra!