Monthly Archives: febrero 2023
TDAH e Dislexia
Algúns alumnos/as teñen Dislexia e TDAH. Estudos nos falan que a prevalencia do TDAH con dislexia asociada e dun 39% mentres que a dislexia cun TDAH é un 33%. Ademáis un 60% de personas con TDAH presentan alteracións na escritura coa magnitude suficiente como para ser consideradas como Trastorno Específico da Escritura. Por todo iso é moi importante ter un bo diagnóstico para poder traballar na nosa aula as dificultades na linguaxe ( oral e escrita ) . Hoxe, na aula de AL, estivemos a intervir no acceso ao léxico, na semántica e na morfosintaxe ( oral) cun novo xogo moi interesante, posto que algunhas veces as actividades de lectoescritura resultan pouco motivadoras para este perfil de alumnado. Con este xogo chamado Qué ves? , o alumnado ten que recuperar o léxico e enteder o seu significado para logo respostar cun Si ou Non ao compañeiro/a. Por outra banda o compañeiro/as ten que facer as preguntas adoitadas para conseguir adiviñar e evocar o termo. Os obxectivos principais a conseguir con dita intervención son son traballar a linguística a intelixencia interpersonal, as habilidades sociais, a intelixencia naturalista e as funcións executivas. Como vedes tamén serve de recurso na casa como xogo educativo e familiar.
O ENTROIDO DO SENTIMENTO
O xoves pasado algunhas das aulas recibiron a visita inesperada dunha “pantalla”, que é como se coñece ás persoas que usan este traxe típico do Entroido na zona de Xinzo de Limia, pequena vila do interior da provincia de Ourense que xunto con Laza e Verín forman o chamado triángulo máxico do Entroido en Galicia.
Grazas a esta visita puidemos coñecer de primeira man como xa desde cativos os habitantes desta localidade participan activamente nesta celebración tan ancestral, facendo deste o chamado Entroido do sentimento, dado que se vive dunha forma tan especial tan lonxe dos desfiles de disfraces que nós coñecemos.
Como descubrimos, moita xente aforra durante todo o ano para facer este traxe artesanal e tan custoso, que non é un disfrace de paseo senón un de traballo, xa que as pantallas son os vixiantes do Entroido que xuntos percorren as rúas vixiando e poñendo orde para que non haxa ninguén sen disfrazar. Todos aqueles mozos maiores de 18 anos que non estean disfrazados serán cargados polas pantallas e terán que pagar unha ronda como castigo.
Este Entroido forma parte do patrimonio cultural de Galicia e foi declarado Festa de interese Turístico Nacional no ano 1997 para posteriormente no 2019 converterse en Festa de interese Turístico Internacional, sendo o primeiro en conseguilo xunto co de Cádiz e Tenerife, polo que é importante coñecelo, valoralo e respectalo porque forma parte da nosa historia e cultura como pobo.
Ten o título de Entroido máis longo de España xa que ten unha duración de 5 semanas que comezan co domingo fareleiro (dedicado a tirar fariña), o domingo oleiro (dedicado a tirar ao aire olas de barro cheas de auga hasta que a alguén se lle caian ao chan), o domingo corredoiro, o domingo de Entroido e finalmente o domingo de Piñata.
Unha larga tradición arraigada nas xentes desta vila que desde pequenos e pequenas cos seus primeiros traxes manteñen esta celebración viva para as futuras xeracións, polo que nunca mellor chamado que O ENTROIDO DO SENTIMENTO.
Portas abertas para familias do alumnado nado en 2020
O xardín de Rosalía
Co gallo da celebración do DÍA DE ROSALÍA o vindeiro 23 de febreiro, o EDLG en colaboración cos distintos niveis educativos do centro quixemos homenaxear a tan aclamada autora co «Xardín de Rosalía» que está exposto na entrada do colexio.
As familias poderán visitar a exposición onde verán os diferentes poemas traballados nas aula.
Equipo de Dinamización da Lingua Galega
Principio alfabetico e Lectoescritura con Cartilla de Bocas
Estos días estivemos a traballar coas Cartillas de Bocas da miña «colega» Irene Rejón. Como podedes ver na foto , combinamos a Cartilla de Bocas con cuños e imaxes para que a aprendizaxe sexa multisensorial. Estas cartillas, son moi útiles con alumnado con algunha dificultade que se inicia na pronuncia e na lectura de maiúsculas e minúsculas tanto en infantil ( etapa final) como en primaria. Este método e visual, ortofónico auditivo e analítico, é apoia cada consonante cunha representación gráfica do son. Nas sesións collemos as bocas, e as colocamos igual ante o espello para emitir o son, logo as identificamos nas pegatinas de letras, as leemos nas cartillas de bocas en diferentes posicións e finalmente asociamos imaxes de palabras ao seu fonema inicial de maneira auditiva (posteriormente grafema). Esta forma é unha maneira divertida e distinta de traballar o principio alfabético e a lectura. Ademáis o que me gusta destas cartillas e que veñen ordenados os fonemas e grafemas e función do desenvolvemento e adquisición nos mesmos por idade. Ahí vos deixo algunhas fotos e os enlaces por si vos gusta para traballar en casa cos pequenos/as ou con adultos con Alzheimer e outras dificultades.
Mellora da seguridade e do servizo
O transporte escolar é un servizo que precisan e utilizan moitas familias. Todas as persoas que formamos parte da comunidade educativa debemos colaborar para que sexan efectivos e seguros.
Rogamos respecten as zonas libres de aparcamento para que o SERVIZO DE TRANSPORTE ESCOLAR poida realizar a súa función coa maior seguridade e efectividade posible.
Se non respectamos estas zonas dificultamos e, en moitos casos, impedimos as manobras dos autobuses. Con isto podemos provocar un accidente e/ou o atraso do servizo. E non só no noso centro, se non nos do concello, xa que dependen da mesma empresa.
Entroido 2023
TEMÁTICA, inventos e inventoras/es
Actividades previas:
- Elaboración de disfraces: familias e aula.
- Felipiño: consello dxs nenxs, familias e mestrado.
- Preparación de doces: familias.
17 de febreiro:
- Recollemos os doces, preparación dos disfraces e da degustación.
- 11:00h Desfile de entroido (policía local e mestrxs) co CEIP Praia Xardín.
- 12:15h Degustación, aportan doces típicos as familias para o alumnado.
- 13:00h volta ás aulas para recoller disfraces e preparar a saída.