Daily Archives: 8 febrero, 2023

Mellora da seguridade e do servizo

O transporte escolar é un servizo que precisan e utilizan moitas familias. Todas as persoas que formamos parte da comunidade educativa debemos colaborar para que sexan efectivos e seguros.

Rogamos respecten as zonas libres de aparcamento para que o SERVIZO DE TRANSPORTE ESCOLAR poida realizar a súa función coa maior seguridade e efectividade posible.

Se non respectamos estas zonas dificultamos e, en moitos casos, impedimos as manobras dos autobuses. Con isto podemos provocar un accidente e/ou o atraso do servizo. E non só no noso centro, se non nos do concello, xa que dependen da mesma empresa.

Entroido 2023

TEMÁTICA, inventos e inventoras/es

Actividades previas:

  • Elaboración de disfraces: familias e aula.
  • Felipiño: consello dxs nenxs, familias e mestrado.
  • Preparación de doces: familias.

17 de febreiro:

  • Recollemos os doces, preparación dos disfraces e da degustación.
  • 11:00h Desfile de entroido (policía local e mestrxs) co CEIP Praia Xardín.
  • 12:15h Degustación, aportan doces típicos as familias para o alumnado.
  • 13:00h volta ás aulas para recoller disfraces e preparar a saída.