Monthly Archives: octubre 2020
SAMAÍN. DIGOCHO EU!

A partires de hoxe, comezaremos a emisión, a través da Baia Radio, dun programa mensual chamado
«DÍGOCHO EU»
Esperamos que vos guste e sexa do voso agrado. Poderase desfrutar del a través da web do centro e do blog da Biblioteca.
Co gallo da celebración do Samaín, gravamos un programa adicado a esta conmemoración:
«Dígocho eu. Especial Samaín»
Asemade, durante os vindeiros días, compartiremos con vós outras actividades que estamos realizando para celebrar estas datas no colexio.
Agora, atreveste a poner a proba os teus coñecementos da nosa lingua?
Tamén realizamos unha espectacular QUEIMA DOS MEDOS!
GRACIAS

A súa colaboración está sendo fundamental para poder levar a cabo a nova organización de adaptación á Covid-19.
Para mellorar estas dinámicas, debemos ten en conta non entrar no recinto antes da quenda de recollida (á saída) para non xuntarnos coas familias da quenda anterior e á hora de entrada, non esperar no portal de acceso ao recinto (para evitar as aglomeracións).
Tamén recordar que o máis axeitado é que o alumnado entre só (de non ser posible en infantil, máximo unha persoa por familia), para reducir o fluxo de persoas e melloren en autonomía.
Xel hidroalcólico
ENQUISA SOCIOLINGÜÍSTICA

Por favor, complenten unha enquisa por cada fillo/a matriculado/a no Centro.

Clica para realizar a enquisa.
Un dos documentos cos que ten que contar o centro é o Proxecto lingüístico, que se renova cada catro anos.
Precisamos a súa axuda para realizar esta actualización realizando a enquisa que achegamos.
Moitas gracias pola súa imprescindible colaboración.
HORARIO SECRETARÍA

Como outra medida de adaptación á situación Covid-19, modificamos o horario de secretaría para evitar o cruce/contacto das persoas a realizar xestións administrativas no centro e o alumnado de accede ou sae do edificio de primaria (inicio/fin xornada lectiva ou inicio/fin recreo).
O novo horario ata finalizar as medidas de adaptación ao covid:
Luns a venres pola mañá; 9:00 a 11:15h e de 12:15 a 13:30h.
Martes pola tarde; 16:00 a 18:30h
RECORDAMOS, que moitas xestións poden realizalas vía correo electrónico; ceip.santabaia@edu.xunta.gal ou teléfono 881866595.
SAÚDOS