Category Archives: E.F.

Proposta de traballo do 8 ao 12 de xuño

SEMANA DO 8 AO 12 DE XUÑO

Para esta semana propoñemos unha actividade moi interesante:

A que xogaban os maiores da familia?

Xa que nestes días moitos visitaredes a avós e avoas e a familiares maiores, poderedes aproveitar para falar con eles e investigar sobre os xogos de antano, os xogos que practicaban na súa infancia.

Cóntanos a que xogaban e, se queres, podes enviarnos un vídeo amosándonos como se xoga.

Proposta de traballo do 1 ao 5 de xuño

SEMANA DO 1 AO 5 DE XUÑO

Para esta semana propoñemos un xogo de mesa para realizar en familia: “o xogo da oca”. No seguinte enlace podedes ver o taboleiro para descargar (non fai falta imprimilo, será suficiente con que vaiades anotando nun papel o número da casiña na que se atopa cada xogador):

  • https://drive.google.com/file/d/1kTDpWjlohKCf-NSNkH25hSCIGKlfafnv/view

Ademais, vos deixamos os enlaces a varios vídeos de sesións elaboradas pola mestra de Educación Física Berena Fontela

Esperamos que gocedes xunt@s destas actividades.

Apertas!!!!

Proposta de traballo do 25 ao 29 de maio

SEMANA DO 25 AO 29 DE MAIO

Esta semana imos investigar un pouco sobre os Xogos Olímpicos. Como sabedes este ano íanse disputar en Tokio os Xogos Olímpicos e Paralímpicos, pero a causa da crise sanitaria que estamos a vivir, celebraranse no 2021.

Elixe un deporte ou dous que se practiquen nos XXOO. Fai un debuxo nun folio e explica como se xoga.

A continuación, podes ver 2 vídeos sobre as mascotas dos Xogos: Miraitowa e Someity.

Anímaste a crear e deseñar a túa propia mascota?

Non esquezas poñerlle un nome!!

Ademais, propoñemos unha actividade moi sinxela, pero moi divertida, para realizar en parella, tanto os peques como os maiores da casa.

Tamén a podes facer seguindo códigos de cores ou números

Recorda que podes enviar as tarefas aos mestres de EF.

Proposta de traballo do 18 ao 22 de maio

SEMANA DO 18 AO 22 DE MAIO

A tarefa desta semana é que poñades en práctica as actividades que se presentan no programa “Móvete connosco na casa”. Unha iniciativa posta en marcha a través da  Dirección xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa. Consta de 3 vídeos dunha duración de 15 minutos aproximadamente. Están deseñadas para ser desenvoltas na casa, sen apenas material e dunha maneira sinxela, divertida e significativa. Podedes atopalas nos seguintes enlaces:

Ademais, gustaríame que me contaras como fas para manterte activo/a durante esta temporada de confinamento. Para iso, podes enviarme un correo electrónico contando as actividades que fas e algunha imaxe ou vídeo ao seguinte enderezo:

sesanovo@edu.xunta.es (Infantil, 1º e 2º)

jpuga@edu.xunta.es (3º, 4º, 5 e 6º)

Proposta de traballo do 11 ao 15 de maio

Proposta de traballo do 5 ao 8 de maio

Proposta de traballo do 27 ao 30 de abril

PROPOSTA DE EDUCACIÓN FÍSICA

Os mestres de EF esperamos que todos e todas esteades ben de saúde e de ánimo. Nós que coñecemos os beneficios da actividade física para toda a poboación e en especial para os nenos e nenas, queremos ofertarvos actividades para realizar cos vosos fillos e fillas neste período de confinamento. Esperamos que sexan do voso agrado e que vos axuden a sobrelevar esta situación o mellor posible.