Category Archives: Dinamización
Actividade letras galegas 2020

Prezadas familias:
De cara a celebración das Letras Galegas dende o EDLG propoñemos a seguinte
actividade conxunta: BAIAVIEIRO NO MAIO DE CARVALHO, para a que contamos coa
implicación de todos vós, alumnado e familias.
Tendo en conta as circunstancias especiais nas que nos atopamos e partindo do
título dunha obra do autor homenaxeado este ano pola RAG, «Vieiros»
de Ricardo Carvalho Calero, dende o Equipo de Dinamización da Lingua Galega do
colexio suxerimos crear un vieiro moi especial. Sería un mosaico de sentimentos
e emocións en positivo, de palabras bonitas que nos axuden a manter a esperanza
e sobrelevar esta situación de confinamento ocasionada pola pandemia, ata que
recuperemos a «normalidade».
Cada nena ou neno debe elixir unha palabra positiva, esperanzadora, unha
palabra bonita, de ánimo… (cadaquén ao seu nivel) que exprese un sentimento
ou unha emoción (pode cooperar a familia ) e plasmala nun papel de xeito
artístico e libre. Unha vez rematada a tarefa, faralle unha foto, na que posará
o autor ou autora do traballo xunto co adulto/a que lle axudou a realizala –se
for o caso e así o desexa-, procurando que a palabra elixida sexa ben visible.
Cada neno/a deberá enviar a foto ao seguinte enderezo de correo
electrónico: santabaiaceip@gmail.com, e indicar neste o curso,
grupo e etapa na que está escolarizado/a (por exemplo, 5º B de Infantil). O prazo límite para achegala será o 8 de maio
(incluído). Por cuestións organizativas, non se admitirán aquelas imaxes que
cheguen con posterioridade a esta data. Con todas as fotos faremos unha montaxe
na que participará todo o alumnado do centro –do que dispoñamos de autorización de imaxe- para colgar
na web.
Con todas as fotos faremos unha montaxe na que participará
todo o alumnado do centro –do que dispoñamos de autorización de imaxe-
para colgar na web.
PD: Recoméndase ao alumnado que non se desfaga dese
traballo por se se lle puidera dar outra finalidade didáctica nun futuro.
Moitas grazas polo voso esforzo e recibide un cordial saúdo.
O Equipo de Dinamización de Lingua Galega
Colaboración co IES Antonio Fraguas

No presente curso 2018-2019, a comunidade educativa do IES Antonio Fraguas Fraguas, síntese especialmente afortunada ca celebración do Día das Letras Galegas, pois honrará ao insigne antropólogo, historiador e galeguista que dá nome a este centro.
Por esta razón, decidimos crear esta proposta de MailArt, aberta á participación xa non só de toda a comunidade educativa do país, senón a calquera que se anime a compartir as súas creacións artísticas con nós. Todas elas iranse publicando no blog específico do proxecto: https://fraguasmail.art.blog/ así como en diferentes redes sociais, para acabar sendo obxecto tamén, dunha exposición pública que se desenvolverá en Santiago de Compostela a partir do mes de marzo –se ben se está estudando a posibilidade de levala a outros emprazamentos-.
En que consiste esta convocatoria aberta de MailArt? Basicamente, na creación de obras artísticas de pequeno formato, realizadas coa mais absoluta liberdade creadora, e atendendo só a unha premisa, que teña como fío condutor o Patrimonio Cultural, folclore e tradicións, de xeito que nos permita render unha especial homenaxe ao noso protagonista do Día das Letras Galegas 2019, don Antonio Fraguas Fraguas.
CLICA NO SEGUINTE ENLACE PARA TODA A INFORMACIÓN:
https://santabaia.es/wp-content/uploads/2019/01/Lola2.pdf
Animádevos a participar xunto co voso alumnado!
Agradecemos a vosa atención.
Saúdos. Equipo Fraguas Mail Art
@fraguasmailart
Santiago de Compostela, 16 de xaneiro de 2019
I.E.S. «Antonio Fraguas Fraguas»
Rúa de Londres 10. Santiago de Compostela 15707 A Coruña
Tfno 981 588498//Fax 981 588254
ies.antonio.fraguas@edu.xunta.es
http://www.edu.xunta.es/centros/iesantoniofraguas/
Gañadores!
… «nesta ocasión, o amor triunfou, pero non calquera amor, o amor Incondicional de verdade». E así foi, «Amor InCondicional» triunfou proclamándose o vídeo gañador do proxecto EcoVoz deste ano. Noraboa ao alumnado de 6ºC por implicarse e promover o traballo en equipo! E como non… ao noso polifacético mestre de música, Gus, por ser quen de remover e axitar ás masas en busca dun bo traballo.
🙂
Enche as rúas de arte!
Novo concurso Infantil e Xuvenil de Boiro. Organiza: AACUB e Concello de Boiro.
Participantes: Categoría Picassos (5 a 9 anos) e Categoría Laxeiros (10 a 14 anos).
A inscripción será na Casa da Cultura, Parque da Cachada, ese mesmo día de 9:00 ata as 11:00h. Os concursantes presentarán os soportes onde van pintar e debuxar que serán selados como única obra apresentar.
A entrega terá como límite as 14:00h. na Casa da cultura.
Anímate e divírtete!!