Actividade letras galegas 2020
Prezadas familias:
De cara a celebración das Letras Galegas dende o EDLG propoñemos a seguinte
actividade conxunta: BAIAVIEIRO NO MAIO DE CARVALHO, para a que contamos coa
implicación de todos vós, alumnado e familias.
Tendo en conta as circunstancias especiais nas que nos atopamos e partindo do
título dunha obra do autor homenaxeado este ano pola RAG, «Vieiros»
de Ricardo Carvalho Calero, dende o Equipo de Dinamización da Lingua Galega do
colexio suxerimos crear un vieiro moi especial. Sería un mosaico de sentimentos
e emocións en positivo, de palabras bonitas que nos axuden a manter a esperanza
e sobrelevar esta situación de confinamento ocasionada pola pandemia, ata que
recuperemos a «normalidade».
Cada nena ou neno debe elixir unha palabra positiva, esperanzadora, unha
palabra bonita, de ánimo… (cadaquén ao seu nivel) que exprese un sentimento
ou unha emoción (pode cooperar a familia ) e plasmala nun papel de xeito
artístico e libre. Unha vez rematada a tarefa, faralle unha foto, na que posará
o autor ou autora do traballo xunto co adulto/a que lle axudou a realizala –se
for o caso e así o desexa-, procurando que a palabra elixida sexa ben visible.
Cada neno/a deberá enviar a foto ao seguinte enderezo de correo
electrónico: santabaiaceip@gmail.com, e indicar neste o curso,
grupo e etapa na que está escolarizado/a (por exemplo, 5º B de Infantil). O prazo límite para achegala será o 8 de maio
(incluído). Por cuestións organizativas, non se admitirán aquelas imaxes que
cheguen con posterioridade a esta data. Con todas as fotos faremos unha montaxe
na que participará todo o alumnado do centro –do que dispoñamos de autorización de imaxe- para colgar
na web.
Con todas as fotos faremos unha montaxe na que participará
todo o alumnado do centro –do que dispoñamos de autorización de imaxe-
para colgar na web.
PD: Recoméndase ao alumnado que non se desfaga dese
traballo por se se lle puidera dar outra finalidade didáctica nun futuro.
Moitas grazas polo voso esforzo e recibide un cordial saúdo.
O Equipo de Dinamización de Lingua Galega
Deja una respuesta