Monthly Archives: abril 2017
30 – 11- 2016. Día dos inventos.
Este día, en 4º B, contamos ca presenza do alumnado da profesora María José, ós que lles ensinamos os nosos coñecementos sobre a refracción da luz. Para isto, contabamos cunhas cartelas con palabras e números escritos do revés ou invertidos. Despois de facelas pasar a una distancia determinada por detrás dun frasco con auga, podíase ler a mensaxe que tiñan escrita.
RECOLLIDA DE ACEITE ALIMENTARIO USADO
Pasamos á acción!
Xa coñecemos a importancia da recollida selectiva para favorecer o tratamento dos residuos, e con esto, o medio ambiente.
Agora, ademais de pilas, tapóns de plástico, materia orgánica (composteira), papel e envases… ofrecemos a posibilidade de xestionar o difícil e altamente contaminante aceite alimentario usado.
Poden atopar o contedor no patio cuberto dianteiro do Centro.
Depositen o aceite directamente dentro do recipiente no que o traian, así evitamos verteduras difíciles de limpar.
Non só vai consistir nun servizo á comunidade educativa, se non que hai varias propostas de traballo a raíz deste contedor. Seguiremos informando.
Esperamos que vexan adecuada e de utilidade a posta en marcha deste servizo.
SAÚDOS
CONCURSO FOTOGRAFÍA
Toda a información no seguinte enlace:
http://www.xunta.gal/dog/Publicados/2017/20170323/AnuncioG0422-200317-0004_gl.html
TALLER GRATUITO DE ROBÓTICA
Nace Crea R, un proxecto de emprendemento para nenos de 7 a 15 anos. Trátase dunha serie de talleres gratuítos abertos a todos os nenos do Concello, pensados para que se divirtan ao máximo, mentres sacan ese xenio que levan dentro. Obradoiros cos que recorreremos toda Galicia .
En concreto esta actividade en Boiro será o sábado 22 de abril, cun taller de Robótica «Crea un robot» . O talleres realizaranse na Casa da Cultura Ramón Martínez López.
Os nenos crearán un prototipo tecnolóxico, empregando placas e materiais reciclados. A idea é que desenvolvan e potencien a súa creatividade, que esperten o seu espíritu emprendedor, que traballen en equipo, que se comuniquen e aumenten a súa seguridade en si mesmos. Todo isto, a través do innovador método Líbolis.
Neste enlace podedes ver toda a información do taller.
Gustaríanos moito que poideses informar a todos os pais e nais, compartindo en redes ou da maneira que vexades mellor.
Adxuntámosvos unha circular con información sobre a actividade .