TALLER GRATUITO DE ROBÓTICA

Nace Crea R, un proxecto de emprendemento para nenos de 7 a 15 anos. Trátase dunha serie de talleres gratuítos abertos a todos os nenos do Concello, pensados para que se divirtan ao máximo, mentres sacan ese xenio que levan dentro. Obradoiros cos que recorreremos toda Galicia .
En concreto esta actividade en Boiro será o sábado 22 de abril, cun taller de Robótica «Crea un robot» . O talleres realizaranse na Casa da Cultura Ramón Martínez López.
Os nenos crearán un prototipo tecnolóxico, empregando placas e materiais reciclados. A idea é que desenvolvan e potencien a súa creatividade, que esperten o seu espíritu emprendedor, que traballen en equipo, que se comuniquen e aumenten a súa seguridade en si mesmos. Todo isto, a través do innovador método Líbolis.
Neste enlace podedes ver toda a información do taller.
Gustaríanos moito que poideses informar a todos os pais e nais, compartindo en redes ou da maneira que vexades mellor.
Adxuntámosvos unha circular con información sobre a actividade .
Deja una respuesta