Monthly Archives: noviembre 2018

Primeiros pasos…

Son varios os elementos decorativos que atopamos polo noso cole. Tanto os que están como os que iremos presentando, teñen como finalidade mellorar a convivencia, a comunicación, a inclusión e o respecto de todas e todos os que compartimos este espazo educativo.

Un dos primeiros elementos en aparecer foron as CAIXAS DE CORREO DA CONVIVENCIA que atopamos nos dous edificios, no de infantil e no de primaria.

Coa axuda desta presentación (crear vínculo se fora posible) entenderemos o seu sentido.

Medos, inquedanzas, propostas, desexos… como che gustaría que fose o teu colexio… ou que cousas precisas cambiar para estar contento no Centro… todo isto e máis ten voa acollida nesta caixa.

Farase unha revisión periódica do seu contido para intentar darlle solución.

Para facilitar a interacción do alumnado que máis dificultades atopa para relacionarse e conseguir ter un tempo de recreo pleno e agradable foi polo que se creou o BANCO DA AMIZADE

Querid@s AMIG@S!   Son o banco da amizade, que raro soa isto, verdade? Explícovos… Teño dúas función fundamentais das que todas o todos nos podemos beneficiar.  
PUNTO DE ENCONTRO. Serei un banco no que poderedes buscar compañeir@s de xogo, axudareivos a reunir e buscar xente coa que compartir os vosos recreos.
PACIFICADOR. “Si o que queres é un problema solucionar, o cuíño no meu banco deberedes sentar”. Poderedes falar sobre o problema que vos levou a estar en desacordo e chegar a unha solución que vos beneficie a ambos.

O CONSELLO DOS NENOS é o espazo no que todas as opinións serán escoitadas e a comunicación farase máis eficaz. Unha convocatoria anunciará aos e ás representantes de cada aula para participar no encontro que cada mes terá lugar e no que se debaterán os temas de máis actualidade, correspondentes á vida do centro. A través do seguinte vídeo poderás comprobar a súa aplicación práctica: https://www.youtube.com/watch?v=3Scre_Hyv4M&t=1s .

BLOG6ºA

 https://espazoweb.blogspot.com/

SEMENTA VIDA, SEMENTA FUTURO

García Sánchez organiza unha actividade medioambiental na que se substituirons árbores pirófitas na linde dunha carretera no monte de Vista Alegre (Boiro) por castiñeiros, ca que colaboraron varias entidades do Concello.
COMUNIDAD DE MONTES DE BRION E OUTROS
CEIP SANTA BAIA
GARCIA SANCHEZ
AUTOS RAMON OUTEIRAL
XARDINERIA SABORIDO