Daily Archives: 26 noviembre, 2018
Primeiros pasos…
Son varios os elementos decorativos que atopamos polo noso cole. Tanto os que están como os que iremos presentando, teñen como finalidade mellorar a convivencia, a comunicación, a inclusión e o respecto de todas e todos os que compartimos este espazo educativo.
Un dos primeiros elementos en aparecer foron as CAIXAS DE CORREO DA CONVIVENCIA que atopamos nos dous edificios, no de infantil e no de primaria.
Coa axuda desta presentación (crear vínculo se fora posible) entenderemos o seu sentido.
Medos, inquedanzas, propostas, desexos… como che gustaría que fose o teu colexio… ou que cousas precisas cambiar para estar contento no Centro… todo isto e máis ten voa acollida nesta caixa.
Farase unha revisión periódica do seu contido para intentar darlle solución.
Para facilitar a interacción do alumnado que máis dificultades atopa para relacionarse e conseguir ter un tempo de recreo pleno e agradable foi polo que se creou o BANCO DA AMIZADE.
Querid@s AMIG@S! Son o banco da amizade, que raro soa isto, verdade? Explícovos… Teño dúas función fundamentais das que todas o todos nos podemos beneficiar. | |
PUNTO DE ENCONTRO. Serei un banco no que poderedes buscar compañeir@s de xogo, axudareivos a reunir e buscar xente coa que compartir os vosos recreos. | |
PACIFICADOR. “Si o que queres é un problema solucionar, o cuíño no meu banco deberedes sentar”. Poderedes falar sobre o problema que vos levou a estar en desacordo e chegar a unha solución que vos beneficie a ambos. |
O CONSELLO DOS NENOS é o espazo no que todas as opinións serán escoitadas e a comunicación farase máis eficaz. Unha convocatoria anunciará aos e ás representantes de cada aula para participar no encontro que cada mes terá lugar e no que se debaterán os temas de máis actualidade, correspondentes á vida do centro. A través do seguinte vídeo poderás comprobar a súa aplicación práctica: https://www.youtube.com/watch?v=3Scre_Hyv4M&t=1s .