Monthly Archives: diciembre 2019

BAIA RADIO 12

O primeiro programa de radio deste curso está adicado ao mes de novembro e, en especial, á CIENCIA.
Os nenos e nenas de 5ºA falarannos das actividades realizadas en torno á figura do homenaxeado no día da Ciencia deste ano: Tomás Batuecas, científico recoñecido internacionalmente polo seu traballo na determinación dos pesos atómicos dos elementos químicos.

RECOMENDACIÓNS LECTORAS 2019

Non olvides pedir un libro aos Reis. Estas son as nosas recomendacións.

Bo Nadal!!

Bo Nadal e bo 2020

Esperamos desfrutedes do descanso Navideño e teñades un feliz 2020.

Para a seguinte actividade de Centro, o día da Paz, podemos colaborar co medio ambiente reutilizando todos os papeis que poidamos do Nadal.

Faremos grullas xaponesas de papiroflexia, para o que precisaremos moito papel. Intentaremos traer á volta do Nadal, todo ese papel que xa utilizamos pero que está en bo estado para poder realizar a actividade.

SAÚDOS

NUTRIRME…

Parte fundamental do desenvolvemento integral como persoas.

Ter en conta as recomendacións da nutricionista que participou no Espazo FamiliaS Boiro do pasado mes, Belén Ventín…

E ter moi en conta as noticias que nos alertan sobre o perigo de deixarnos levar sen reflexión…

Vou pedir agasallos…

Nestas datas debemos consumir de maneira responsable. Un xeito de facelo é mercando os agasallos xustos e necesarios e, sobre todo, tendo en conta que estes sexan o máis sostibles posibles: que se fabriquen preto de Boiro, que empreguen materiais de calidade, que sexan educativos e inclusivos, que se adecúen ao noso contexto cultural, que estean dispoñibles na nosa lingua, etc.

Animámosvos a que lles pidades aos Reis Magos, ao Apalpador ou a quen creades conveniente, agasallos dos que aparecen na páxina web de agasallo.eu: libros, música, roupa, xoguetes, xogos de mesa, audiovisuais, aparellos electrónicos, etc., todos eles en galego:

https://agasallo.eu/portada.php

Botádelle un ollo, seguro que aparecen cousas que non pensabades que habería na nosa lingua.

Apertas

TARDE DE XOGOS