Vou pedir agasallos…

Nestas datas debemos consumir de maneira responsable. Un xeito de facelo é mercando os agasallos xustos e necesarios e, sobre todo, tendo en conta que estes sexan o máis sostibles posibles: que se fabriquen preto de Boiro, que empreguen materiais de calidade, que sexan educativos e inclusivos, que se adecúen ao noso contexto cultural, que estean dispoñibles na nosa lingua, etc.

Animámosvos a que lles pidades aos Reis Magos, ao Apalpador ou a quen creades conveniente, agasallos dos que aparecen na páxina web de agasallo.eu: libros, música, roupa, xoguetes, xogos de mesa, audiovisuais, aparellos electrónicos, etc., todos eles en galego:

https://agasallo.eu/portada.php

Botádelle un ollo, seguro que aparecen cousas que non pensabades que habería na nosa lingua.

Apertas

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *