Monthly Archives: mayo 2022
III xornada de emisións 0

O próximo VENRES 10 DE XUÑO, animámosvos a vir ao colexio sen utilizar transportes de combustión que aumenten o nivel de CO2 na atmosfera. Así colaboraremos coa redución de gases de efecto invernadoiro que fan aumentar a temperatura terrestre e tanto danan o medio ambiente. Esta actividade tamén nos servirá como punto de partida para solicitar un camiño escolar seguro.
Para os que vos animedes a vir en bicicleta, podemos vir xuntos pola rúa peonil.
Sairemos desde o ximnasio Suh ás 8:30h e pasaremos sobre as 8:35h frente a librería Nóbel.
O aparcamento do Centro será ese día para uso único de bicicletas e patinetes.


Así o fixemos o 10 de novembro! Vídeo resumo… https://youtu.be/mMPSPHIXknU
DÍGOCHO EU VIII
Aquí vos deixamos o último informe meteorolóxico deste curso. Agradecemos a todos e todas a vosa colaboración para poder facer realidade este proxecto. Vémonos o próximo curso!!!!!
XORNADA DE PORTAS ABERTAS

CURSO ACADÉMICO: 2022-2023
- Data: venres 3 de xuño
- Familias do alumnado que comeza en 4º Educación Infantil (3 anos) no curso académico 2022/2023. O alumnado interaccionará con crianzas xa escolarizadas realizando o primeiro contacto e os maiores coñerán mellor as dinámicas e organización escolar.
- QUENDAS:
- De 09:40h a 10:30h os primeiros 16 alumnos da lista definitiva de admisión por orde alfabético (desde Blanco a Lojo).
- De 10:35h a 11:25h (desde Lorenzo a Vilarnovo).
Fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar

Poden consultar os listados no portal (http://www.edu.xunta.gal/portal/fondolibros) coa chave 365 ou de forma presencial na Secretaría do Centro.
Os vales repartiranse entre o 4 e o 15 de xullo (de 10:00 a 13:00 horas) ou en setembro.
Os libros repartiranse os primeiros días de setembro.
Orde do 29 de abril de 2022 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2022/23 (códigos de procedemento ED330B, ED330G e ED330H) (DOG do 18 maio de 2022)
DESTINATARIOS:
- Fondo solidario de libros: alumnado matriculado en 3º, 4º e 5º de Educación Primaria (6º curso continúa no proxecto eDixgal)
- Axudas para adquirir libros de texto: alumando de 1º e 2º de EP
- Axudas para adquirir material escolar: alumando matriculado en EP
PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES
Abrangue dende o 19 de maio ao 22 de xuño de 2022, ambos incluídos.
As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica no formulario normalizado (ED330B-anexos I e II) dispoñible na aplicación fondolibros (https://www.edu.xunta.es/fondolibros), a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal
Tamén se poderán presentar de forma presencial no centro docente.
DOCUMENTACIÓN
- Anexo I
- Anexo II
- Copia do libro de familia ou documento equivalente, onde figure o alumno e os demais membros computables da unidade familiar. En caso de separación ou divorcio, deberán achegar a sentenza xudicial e/ou convenio regulador onde conste a custodia do/da menor.
PUBLICACIÓN DE LISTAXES
-Listaxes provisionais: 27 de xuño
– Reclamación ás listaxes provisionais: 28 e 29 de xuño (2 días posteriores á publicación)
– Listaxes definitivas: 1 de xullo
ENTREGA DE VALES: entre o 1 e o 15 de xullo ou a partir do 1 de setembro
ENTREGA DE LIBROS: a partir do 1 de setembro
APRADRIÑAMENTO LECTOR-23 ABRIL-DÍA DO LIBRO
Vídeo elaborado para compartir con máis de 70 colexios europeos no proxecto eTwinning («Our School Routine») onde se recompilan fotos da actividade levada a cabo no noso centro para conmemorar o Día do Libro.
ANUNCIO DE PUBLICACIÓN DAS BASES DA CONVOCATORIA DAS BOLSAS A ESTUDANTES 2022

A Xunta de Goberno Local do Concello de Boiro, en sesión celebrada o 9 de marzo de 2022, aprobou as BASES ESPECÍFICAS DA CONVOCATORIA DO CONCELLO DE BOIRO DE BOLSAS A ESTUDANTES – ANO 2022 BOLSAS A ESTUDANTES 2022 BASES ESPECÍFICAS DO CONCELLO DE BOIRO DE BOLSAS A ESTUDANTES 2022 Base 1.–OBXECTO. O Concello de Boiro ten por obxecto o establecemento de axudas económicas ao alumnado matriculado en centros públicos que, sendo maiores de 21 anos e non estando cubertos pola Tarxeta Xente Nova da Xunta de Galicia ou sendo menores de 21 e conten con informe preceptivo dos servizos sociais comunitarios, necesite desprazarse por razón de estudios; ben sexa unha mobilidade supramunicipal e/ou intramunicipal. https://bop.dacoruna.gal/bopportal/publicado/2022/05/12/2022_0000002551.pdf
BS306B – Axudas enmarcadas no programa iniciativa xove.
Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas enmarcadas no programa Iniciativa Xove, para a posta en marcha de iniciativas xuvenís durante o ano 2022, e convocar estas axudas para o dito exercicio 2022. https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=BS306B&ano=2022&numpub=1&lang=gl Saúdos DPTO EDUCACIÓN Mais información en: https://educacionboiro.blogspot.com/
“RESOLUCIÓN DA SECRETARÍA DE ESTADO DE EDUCACIÓN, POLA QUE SE AMPLÍA O PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES DAS BOLSAS DE CARÁCTER XERAL PARA O CURSO ACADÉMICO 2022-2023, PARA ESTUDANTES QUE CURSEN ESTUDOS POSTOBLIGATORIOS”
PARA CALQUERA DÚBIDA QUE LLE XURDA, COMUNICAMOSLLE QUE O NOSO HORARIO DE ATENCION AO PÚBLICO E DE 9 a 14 HORAS E DE LUNS A VENRES, A TRAVES DE:
Correo Electrónico | bolsas.ed.co@xunta.gal |
Teléfonos | Os que figuran ao pé deste correo |
Atentamente,
XOSÉ GABRIEL PACÍN LÓPEZ
Tramitador Programa BOLSAS MEC 2022/2023