Monthly Archives: noviembre 2015
Magosto, horto escolar.
Actividade organizada polo equipo de dinamización do horto escolar para complementar as actividades realizadas polas outros equipos de dinamización do Centro para o Magosto 2015.
RETO… CONSEGUIDO!!
Parabéns para Carolina Vila Rivas de 6ºC. O seu debuxo resultou ser o escollido para o calendario 2016 que se entregarán en decembro!!
Igualmente felicitar ao restos dos alumn@s participantes porque a elección resultou moi difícil. Por isto, o luns 23, na aula de usos múltiples, esperámosvos no recreo a todos aqueles que participaron no concurso, o para que non o dicimos para facervos «as ganas»!! 😉
O retorno dos nosos pintores!
E velaquí os traballos presentados para o concurso de debuxo (autocolante 2016).
O lema deste ano era: «O galego é a chave» en homenaxe a Manuel María (Letras Galegas 2016).
Verdadeiras marabillas!! Noraboa aos participantes!!
EN BUSCA DE OBRAS DE ARTE…
Como ven sendo habitual nestes últimos anos, os centros educativos que pertencen ao Barbanza pretendemos elaborar un autocolante 2016 para entregarllo aos nosos alumn@s. Pero para iso precisamos un debuxo ou imaxe que sexa o protagonista do calendario. Por este motivo, no noso cole organizouse un concurso de debuxo cunha serie de premisas para que tiveran en conta os pequenos artistas que temos no cole!
Imos… de concerto!!!
Todos do mesmo lado…
Durante os días comprendidos entre o 25 de novembro e 10 de decembro, farémonos eco da proposta da ONU «pinta o teu mundo de laranxa», para facer visible a nosa repulsa contra a violencia de xénero.
Os nenos realizarán pulseiras laranxas (goma eva, lá, ou gomiñas), porán mensaxes nas ventás e colocaranse no Centro globos laranxas.
Xa estamos!!! A BrB!!!
OS MEMBROS DA BrB 15/16
Corda: Irene (6ºB), Mauro (6ºA), Pablo (5ºA), Sheila (6ºC), Anelís (5ºA)
Percusión: Noemí (4ºA), Laura (6ºB), Iria (4ºA), Vanessa (6ºB), Iria (4ºA), Antía (4ºC), Estrella(6ºB)
Teclado: Antía (4ºA)
Voces: Lucía (4ºC), Juandaly (5ºA), Alba (6ºA), Andrea (5ºA), Aitana (4ºC)
Outros: Lara (6ºB)