Monthly Archives: febrero 2015

O noso acuario

Disfruta uns minutos do vídeo realizado polo mestre Dani… «one relaxing café con leche» jejeje

A nosa Baiabiblio

biblioteca2Visita o espacio web da biblioteca do noso Centro, sempre atoparás novidades interesantes.

 

Unha fórmula que nunca falla…

Ilusión+traballo+esforzo+colaboración= GAÑADORES do CONCURSO DE COPLAS DO CEIP Santa Baia

PARABÉNS ROSALÍA!

rosalia-de-castros-178th-birthday-6524859995652096-hp
Tal como día como hoxe, en 1837 en Padrón, nacía Rosalía de Castro.

Dende aquí agradecerlle que a pesares de que o castelán se considerase naquel intre a lingua da «cultura» (empregada por unha clase privilixiada e minoritaria), Rosalía de Castro otorgoulle prestixio ao galego ao usalo como vehículo da súa obra denominada Cantares Gallegos, afianzando o renacer cultural da lingua. 

Aquí deixámosvos un vídeo Lip Dub feito no CPI de Vedra (2012) no que fan homenaxe a esta poetisa.

Grupo de Rock: Nao

Poesía: «A xustiza pola man» Follas Novas. Rosalía de Castro (1880)

A xusticia pola man. Rosalía de Castro
Aqués que tén fama d’ honrados na vila
roubáronme tanta brancura qu’ eu tiña;
botáronme estrume nas galas dun día,
a roupa de cote puñéronma en tiras.
Nin pedra deixaron en dond’ eu vivira;
sin lar, sin abrigo, morei nas curtiñas;
ó raso cas lebres dormín nas campías;
meus fillos… ¡meus anxos!… que tant’ eu quería,
¡morreron, morreron ca fame que tiñan!
Quedei deshonrada, mucháronm’ a vida,
fixéronm’ un leito de toxos e silvas;
i en tanto, os raposos de sangre maldita,
tranquilos nun leito de rosas dormían.

―――

―Salvádeme ¡ouh, xueces!, berrei… ¡Tolería!
De min se mofaron, vendeum’ a xusticia.
―Bon Dios, axudaime, berrei, berrei inda…
tan alto qu’ estaba, bon Dios non m’ oíra.
Estonces, cal loba doente ou ferida,
dun salto con rabia pillei a fouciña,
rondei paseniño… (ne’ as herbas sentían)
i a lúa escondíase, i a fera dormía
cos seus compañeiros en cama mullida.

Mireinos con calma, i as mans estendidas,
dun golpe ¡dun soio! deixeinos sin vida.
I ó lado, contenta, senteime das vítimas,
tranquila, esperando pola alba do día.

I estonces… estonces cumpreuse a xusticia:
eu, neles; i as leises, na man qu’ os ferira.

Rosalía de Castro  Follas Novas. (Vigo: Galaxia)

Así foi o antroido no Santa Baia

 

Mércores de Entroido, un día para estar coma na casa!

Para mañá mércores, teremos que vir todos con bata ou albornoz!!

Que ideas tan tolas teñen os nosos Felipes… Pero grazas a eles que comodóns vamos a estar!! 🙂

134057783

Que será que cando chega cunha ledicia sen par, a xente tápase a cara e logo ponse a bailar???!!!! :)

XA CHEGOU O ENTROIDO!!!

Aos alumnos e mestres do CEIP Santa Baia non nos chega cun día de celebración de Entroido, fáisenos pouco, así que dende o luns xa iremos «quencendo» os motores para o próximo Venres (un día cheo de sorpresas… va veredes!), como¿? Pois seguindo as ordes dos Felipiños que temos na entrada do colexio máis en Infantil. O venres púxeronnos que o luns teremos que traer os nosos pelos mudados: se o tes rizo traeo liso, se o tes liso pois rizo, se queres traer coletas tráeas, se queres pintar o pelo píntao, se queres vestir a peluca máis chamativa que tes nesa caixa chea de disfraces doutros anos pois tamén vale!!! Todo vale!!! 🙂

20080125232952-man

PRIMEIRA GRAVACIÓN DO CURSO!!!

Todo un clásico… deleitádevos ca versión de 6ºD!!!!

PESCANDO A PAZ

Un día non… todos os días deberían ser… PAZ

DSC_0220

KAIPACHA Nº2

Aquí tenéis el número 2 de EL KAIPACHA, el periódico que elaboramos junto a los chic@s de Pachacútec.