Que será que cando chega cunha ledicia sen par, a xente tápase a cara e logo ponse a bailar???!!!! :)

XA CHEGOU O ENTROIDO!!!

Aos alumnos e mestres do CEIP Santa Baia non nos chega cun día de celebración de Entroido, fáisenos pouco, así que dende o luns xa iremos “quencendo” os motores para o próximo Venres (un día cheo de sorpresas… va veredes!), como¿? Pois seguindo as ordes dos Felipiños que temos na entrada do colexio máis en Infantil. O venres púxeronnos que o luns teremos que traer os nosos pelos mudados: se o tes rizo traeo liso, se o tes liso pois rizo, se queres traer coletas tráeas, se queres pintar o pelo píntao, se queres vestir a peluca máis chamativa que tes nesa caixa chea de disfraces doutros anos pois tamén vale!!! Todo vale!!! 🙂

20080125232952-man

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *