Daily Archives: 24 febrero, 2015

Unha fórmula que nunca falla…

Ilusión+traballo+esforzo+colaboración= GAÑADORES do CONCURSO DE COPLAS DO CEIP Santa Baia

PARABÉNS ROSALÍA!

rosalia-de-castros-178th-birthday-6524859995652096-hp
Tal como día como hoxe, en 1837 en Padrón, nacía Rosalía de Castro.

Dende aquí agradecerlle que a pesares de que o castelán se considerase naquel intre a lingua da «cultura» (empregada por unha clase privilixiada e minoritaria), Rosalía de Castro otorgoulle prestixio ao galego ao usalo como vehículo da súa obra denominada Cantares Gallegos, afianzando o renacer cultural da lingua. 

Aquí deixámosvos un vídeo Lip Dub feito no CPI de Vedra (2012) no que fan homenaxe a esta poetisa.

Grupo de Rock: Nao

Poesía: «A xustiza pola man» Follas Novas. Rosalía de Castro (1880)

A xusticia pola man. Rosalía de Castro
Aqués que tén fama d’ honrados na vila
roubáronme tanta brancura qu’ eu tiña;
botáronme estrume nas galas dun día,
a roupa de cote puñéronma en tiras.
Nin pedra deixaron en dond’ eu vivira;
sin lar, sin abrigo, morei nas curtiñas;
ó raso cas lebres dormín nas campías;
meus fillos… ¡meus anxos!… que tant’ eu quería,
¡morreron, morreron ca fame que tiñan!
Quedei deshonrada, mucháronm’ a vida,
fixéronm’ un leito de toxos e silvas;
i en tanto, os raposos de sangre maldita,
tranquilos nun leito de rosas dormían.

―――

―Salvádeme ¡ouh, xueces!, berrei… ¡Tolería!
De min se mofaron, vendeum’ a xusticia.
―Bon Dios, axudaime, berrei, berrei inda…
tan alto qu’ estaba, bon Dios non m’ oíra.
Estonces, cal loba doente ou ferida,
dun salto con rabia pillei a fouciña,
rondei paseniño… (ne’ as herbas sentían)
i a lúa escondíase, i a fera dormía
cos seus compañeiros en cama mullida.

Mireinos con calma, i as mans estendidas,
dun golpe ¡dun soio! deixeinos sin vida.
I ó lado, contenta, senteime das vítimas,
tranquila, esperando pola alba do día.

I estonces… estonces cumpreuse a xusticia:
eu, neles; i as leises, na man qu’ os ferira.

Rosalía de Castro  Follas Novas. (Vigo: Galaxia)

Así foi o antroido no Santa Baia