O ENTROIDO DO SENTIMENTO

O xoves pasado algunhas das aulas recibiron a visita inesperada dunha “pantalla”, que é como se coñece ás persoas que usan este traxe típico do Entroido  na zona de Xinzo de Limia, pequena vila do interior da provincia de Ourense que xunto con Laza e Verín forman o chamado triángulo máxico do Entroido en Galicia.

Grazas a esta visita puidemos coñecer de primeira man como xa desde cativos os habitantes desta localidade participan activamente nesta celebración tan ancestral, facendo deste o chamado Entroido do sentimento, dado que se vive dunha forma tan especial tan lonxe dos desfiles de disfraces que nós coñecemos.

Como descubrimos, moita xente aforra durante todo o ano para facer este traxe artesanal e tan custoso, que non é un disfrace de paseo senón un de traballo, xa que as pantallas son os vixiantes do Entroido que xuntos percorren as rúas vixiando e poñendo orde para que non haxa ninguén sen disfrazar. Todos aqueles mozos maiores de 18 anos que non estean disfrazados serán cargados polas pantallas e terán que pagar unha ronda como castigo.

Este Entroido forma parte do patrimonio cultural de Galicia e foi declarado Festa de interese Turístico Nacional no ano 1997 para posteriormente no 2019 converterse en Festa de interese Turístico Internacional, sendo o primeiro en conseguilo xunto co de Cádiz e Tenerife, polo que é importante coñecelo, valoralo e respectalo porque forma parte da nosa historia e cultura como pobo.

Ten o título de Entroido máis longo de España xa que ten unha duración de 5 semanas que comezan co domingo fareleiro (dedicado a tirar fariña), o domingo oleiro (dedicado a tirar ao aire olas de barro cheas de auga hasta que a alguén se lle caian ao chan), o domingo corredoiro, o domingo de Entroido e finalmente o domingo de Piñata.

Unha larga tradición arraigada nas xentes desta vila que desde pequenos e pequenas cos seus primeiros traxes manteñen esta celebración viva para as futuras xeracións, polo que nunca mellor chamado que O ENTROIDO DO SENTIMENTO.

_autotone

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *