Daily Archives: 12 diciembre, 2022
Árbore xenealóxica
Na nosa aula de AL, falamos, comentamos historias, anécdotas e contos que dan lugar a preguntas e dúbidas. E… chas! Chegou a idea ! Despois de falar cunha alumna sobre as persoas que están e non están na nosa vida, xuntas decidimos poñernos mans á obra e argallar a súa árbore xeneolóxica para regalarlle a súa avoa polo Nadal.
E diredes… unha árbore xeneolóxica ?? Pois sí , e vaia que pode ser unha actividade moi atractiva para facer con alumnos/as con dificultades na linguaxe . ( TEL, Trastorno na lectura , escritura e outros…) Con esta actividade, estivemos a traballar moi duro durante o trimestre ata facer un gran libro familiar, onde a nena aprendeu a facer unha árbore a través das TAC , escribiu e fixo redaccións sobre todos os membros da familia, expresou emocións, lembrou historias e recordos de familiares que xa non están, debuxou e decorou e organizou toda a información. En relación coas áreas de AL, estivemos mellorando a conciencia léxica, vocabulario, rimas, expresión oral a través das fotos, organización da grafía no espazo, elaboración de oracións complexas e uso das autoinstruccións para facer redaccións sobre os familiares. Hoxe por fin poñemos fin a actividade con moito cariño , traballo e amor esperando que sexa un libro que perdure sempre con ela e coa familia. Aquí vos deixo algunha fotiño aínda que non se pode apreciar o bonitiño que quedou o Gran libro familiar.