Distribución de máscaras entre o alumnado
BENEFICIARIOS:
- Alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial que fose beneficiario da axuda para adquirir material escolar no curso 2020/2021. NON TERÁN QUE PRESENTAR SOLICITUDE.
- Alumnado que non fose beneficiario da axuda para adquirir material escolar por diferentes circunstancias, pero:
- Pertenza a familias con renda percápita igual ou inferior a 6.000 €.
- Estea matriculado en educación especial, ou suxeito a tutela ou garda da Xunta de Galicia ou teña unha discapacidade igual ou superior ao 65%, con independencia da renda da unidade familiar.
PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES:
- Unicamente de forma presencial no centro docente.
- Prazo de presentación : do 16 ao 27 de novembro.
DOCUMENTACIÓN NECESARIA:
- Anexos I e II.
- Copia do libro de familia.
- En caso de separación ou divorcio, ademais deberán achegar a sentenza xudicial e/ou convenio regulador onde conste a atribución da custodia do menor.
Deja una respuesta