Mirando o ceo nocturno…
Tódolos días vemos o ceo, pero… mirámolo moitas veces????
Para poder mirar o ceo, debemos ter referencias e poder situarnos.
Hoxe poderás aprender a miralo.
Esta noite, ás 22:30 poderás ver no ceo -que aínda estará azul- un triángulo formado pola Lúa, un punto brillante ao seu carón -un chisco máis arriba á dereita- que é Venus, e outro punto -máis tenue arriba á esquerda- que é Xupiter.
Ás 22: 45 enriba de Venus e formando con el un V aparecen dous puntos luminosos. O da esquerda é Polux (unha estrela xigante vermella) e o da dereita é Castor (un sistema de 6 estrelas, que nós vemos coma unha porque está moi lonxe). Cástor e Polux son as estrelas principais da constelación de Xémini.
Deja una respuesta