Daily Archives: 11 noviembre, 2021
Programa de saúde bucodental en escolares
O concello de Boiro promove este programa organizado por profesionais na odontoloxía (odontólogo e hixienista bucodental) para o alumnado de todos os CEIPs do concello que se atopan no 2º e 6º nivel de primaria. Consiste en realizar un estudo, un exercicio pedagóxico e un seguimento para a mellora das dinámicas e saúde do alumnado durante este curso.
Todas estas accións se realizarán nos centros educativos acompañados da persoa titora e das persoas especialistas que realicen a acción.
Temporalización
1º trimestre:
- Entrega dun maletín aos participantes con guías e materiais de hixiene.
- Charla explicativa do que vai a consistir o programa.
- Revisión e remisión de informe individualizado e confidencial ás familias de todo o alumnado participante.
- Formación sobre anatomía e principais enfermidades buco-dentais.
- Charla formativa e práctica sobre un correcto cepillado e hixiene bucal.
- Inicio da fluorización semanal.
2º trimestre:
- Fluorización semanal.
- Asistencia de todo o alumnado de 2º e 6º a unha obra de teatro específica sobre este tema.
3º trimestre:
- Fin da fluorización semanal.
- Revisión bucal de seguimento e remisión de informe avaliativo do programa a todas as familias do alumnado participante.
Agardamos que o programa sexa do seu interese e animen a todo o alumnado a participar.
SAÚDOS