Romaría letras galegas

O venres 16 de maio celebraremos a Feira das Letras Galegas con diferentes actividades e obradoiros, dos cales un será a recreación de dous maios, polo que solicitamos a colaboración das familias.
Necesitamos (mimosas, hortensias…, follas variadas) para poder montar os maios, polo que aqueles/as que podan traer ao centro flores e follas, agradecemos a súa axuda.
Comezaremos a recollida a partires do martes 13, para ter todo o necesario para o venres.
Tamén precisaremos que traian o venres pola mañá colaboración para o posto BAIACOMIDA. Empanada, biscoito, pans… o que consideren axeitado para o nosa feira!

Esperamos que todo o alumnado desfrute da xornada e posteriormente subirase á páxina web fotos e vídeos de como foi a celebración para que as familias tamén podan ser partícipes.
Obradoiros e estacións:
- BaiaCaricatura.
- BaiaTraíña.
- BaiaComida
- BaiaPhotocall
- BaiaMúsicas do mundo
- BaiaMaios
- Baia»Sargadelos»
- BaiaChapa
- BaiaReto (robótica)
- BaiaXogos tradicionais
- BaiaVídeoFeira
Reciban un cordial saúdo e gracias pola súa colaboración.
Deja una respuesta