Daily Archives: 14 abril, 2023

Letras galegas – Seminario Galán

Xa está a disposición dos centros escolares o material das Letras Galegas 2023, con actividades didácticas para o alumnado de infantil e primaria, elaboradas polos GT do Seminario de Galán.
Na páxina web do Seminario poderedes atopar actividades interactivas, en formato genial.ly, sobre o autor homenaxeado este ano, Francisco Fernández del Riego, así como actividades en PDF, carteis da exposición e cuestionario, díptico, marcapáxinas, biografía, escolma de textos, fotos e actividades para infantil en lingua de signos,  video da biografía, cronoloxía, marcapáxina, libro de lapelas, comecocos… material que pode facilitar ao profesorado a celebración do Día das Letras Galegas.

Este ano como novidade achegamos  actividades de robótica con taboleiros, fichas, solucionario…, con información variada do autor: biografía, fotos, obra, textos… unha actividade dirixida ao alumnado de primaria e para realizar en equipo ou individualmente.
A ligazón da web do Seminario é a seguinte:
.
http://www.seminariogalan.org

Moitas grazas pola vosa colaboración.
Alejandra Campo Penín e María Barca Gómez
Coordinadoras GT Seminario Galán