Daily Archives: 24 abril, 2023

Plan director, GC e CNP

A Federación Provincial de Anpas de Centros Públicos da Coruña organiza unha xornada de mañá que terá lugar no Edificio Cultural A Senra Bergondo (Pegado ao CPI Cruz do sar) o sábado día 6 de maio para dar a coñecer ás anpas e a equipos directivos dos Centros o Plan Director para a Convivencia e Mellora da Seguridade nos Centros Educativos e as súas Contornas.

Este Plan persegue previr calquera risco que afecte á seguridade dos nosos menores e mozos na escola e espazos onde se socializa. Como sabedes, as charlas organizadas pola Policia Nacional e a Garda Civil dentro do Plan Director, habitualmente, e a pedimento do profesorado, adoitan ir dirixidas ao alumnado. A partir de agora, por acordo da Federación Provincial de Anpas e da Subdelegación do Goberno, estas charlas van poder ser solicitadas polas ANPAS, como formación tamén para as familias; algo que nos parece de suma importancia para previr, detectar e afrontar situacións complicadas.

A colaboración da contorna familiar do alumnado é fundamental para conseguir alcanzar os obxectivos marcados polo Plan Director, que vira ao redor das seguintes temáticas:

-Riscos da internet

-Acoso escolar

-Violencia de Xénero.

– Bandas Xuvenís.

– Drogas e Alcohol

Esta presentación do día 6 de Maio se axusta ao seguinte

PROGRAMA:

9,45 horas: Recepción de asistentes.

10:00 Benvida dá Alcaldesa de Bergondo Alejandra Pérez Máquez.

10:15 horas: Presentación do Plan Director María Rivas López. Subdelegada do Goberno.
RELATORES:

10:30 horas José Alfeirán Rodríguez. Alto Inspector Educación.

10:45 horas Antonio Rial Boubete. Profesor da Facultade de Psicoloxía da Universidade de Santiago.

11:45-12:00 Pausa/café

12:00 horas Sergio García Vázquez. Cabo Guardia Civil. Formador Plan Director da Comandancia da Coruña.

13:00 horas Alberto Arias Álvarez. Inspector, Delegado de participación Cidadá da Coruña.

14:00 Clausura Mª José Ferreño Precedo. Presidenta da Federación

Esperamos a vosa asistencia e facilitámosvos ligazón para que formalicedes a inscrición, que rematará o día 4 de maio.. Seguiráse a listaxe de inscrición ata completar aforo.

Rogamos fagades difusión do evento ás familias do voso Centro Escolar.

Saúdos Xunta Directiva

Picar aquí:

https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLScW28tQsFyeENxn_dNWwbtbq3o9wH7KMb4DxatgXVJI163Jrg/viewform

Federación Prov. ANPAs. Centros Públicos

R/ Orzán, 21

15001 A Coruña

Tfnos: 981 20 20 02

DEPRESIÓN E SUICIDIO NA INFANCIA E ADOLESCENCIA

ANPA TORRE DE GOIÁNS ORGANIZA COA COLABORACIÓN DO CONCELLO DE BOIRO “IMPACTO DO CONFINAMENTO NO AUMENTO DE CASOS DE ANSIEDADE,
DEPRESIÓN E SUICIDIO NA INFANCIA E ADOLESCENCIA”

PONENTE: JULITA TOURIÑO ARAUJO, PSICÓLOGA
(MEMBRO DO GRUPO DE INTERVENCIÓN PSICOLÓXICA EN CATÁSTROFES E EMERXENCIAS)
28 DE ABRIL NO SALÓN DE ACTOS DA CASA DA CULTURA DE BOIRO
DE 20:00 A 22:00H