Daily Archives: 9 mayo, 2023

Coñecendo a lectoescritura

Homenaxeado, Letras Galegas 2023

O Día das Letras 2023 homenaxea a Francisco Fernández del Riego, ensaísta, narrador e político xurdido no seo do Grupo Nós, que levou a cabo un intenso e extenso labor intelectual a prol da lingua, podéndose destacar o propio feito da conmemoración do Día das Letras Galegas existir, xa que foi un dos promotores da idea.

A importancia da Conciencia Léxica .

O proceso lectoescritor é unha tarefa complexa que require dun traballo en varias aspectos. Tanto os sons coma as letras , unidades mínimas sen significado, conlevan dificultade polo que é necesario un traballo da conciencia léxica, silábica e fonémica. A conciencia léxica é a primeira área a traballar dentro da chamada conciencia fonolóxica. É o contacto directo coas palabras coma un todo ou parte dunha oración para posteriormente poder analizar e profundizar máis minuciosamente. O desenvolvemento desde habilidade é necesario dende infantil para así ir podendo diferenciar as palabras contido ( palabras con significado) das palabras función( conectores) o cal evitará posibles erros de unións, fragmentacións, adicións e outros na escritura. Hoxe vos deixo un exercicio para traballar a conciencia léxica. Neste caso en concreto estase a traballar con alumnado con dificultades de aprendizaxe e trastorno lectoescritor polo cal seguen a ter a dificultade en cursos superiores. Unha maneira de facelo máis práctica e que o exercicio o interioricen por varias vías multisensoriais.

Xornada sen emisións CO2

O venres 12 de maio realizaremos no centro a Cuarta Xornada sen CO2 como actividade do Día Mundial do Medio Ambiente e promover a creación dun «Camiño Escolar Seguro» no concello.

Consiste en realizar o desprazamento ao centro con medios de transporte libres de combustión. Realizaremos unha ruta acompañando a todas as persoas da comunidade educativa que así o decidan desde o cruce da rúa Estatuto de Galicia coa rúa Dereiros Humanos en bicicleta ou patinete ata o colexio ÁS 8:30horas, e volta ao remate da xornada lectiva.

SAÚDOS