Xornada de portas abertas para o alumnado que obtivo praza no proceso de admisión

O xoves 6 e venres 7 de xuño todas aquelas familias do alumnado que superou o proceso de admisión para o próximo curso en 4º de infantil (3 anos), poden vir cos nenos e nenas e acompañarnos desde as 10:00h para realizar un primeiro contacto co Centro.

As mestras do equipo de infantil explicarán algunhas normas do Centro e organizarán unha actividade co alumnado.

Para unha mellor organización, convocamos aos 25 primeiros por orde alfabética para o xoves (desde Abalo Rincón ata Lorenzo Gómez), e o resto o venres (desde Lorenzo Rey a Vázquez Rodríguez). Por favor, avisen se teñen que cambiar o día, grazas.

SAÚDOS, e benvid@s ao CEIP Santa Baia

5 Responses to Xornada de portas abertas para o alumnado que obtivo praza no proceso de admisión

  1. […] Todas aquelas familias dos nacidos no ano 2016, poden visitar o centro o día 12 de marzo ás 17:30h (https://santabaia.es/?p=4890) […]

    • santabaia dice:

      Dependerá un pouco do clima e da coordinación co CEIP Praia Xardín e os medios externos que participan (policía, protección civil…) pero entendemos que sobre as 10:30h.

  2. Irene dice:

    Bos días, ¿solo pode ser visitado pola mañá ás 10, ou a partir das 10 durante todo o día?, non explican moi ben

    • santabaia dice:

      Ola Irene, ás dez está prevista unha pequena xuntanza cas mestras e unha actividade cos nenos. O horario será de 10:00 a 11:15h aproximadamente.
      Durante o resto da xornada non hai previstas máis actividades. SAÚDOS

  3. sosteduew dice:

    Go against the sky Yun Tianji muttered to himself, falling into a long silence again cialis prescription online Good luck and baby dust to everyone

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.