Daily Archives: 14 enero, 2022

Novo proceso de xestión dos casos Covid-19

Persoas con sintomatoloxía ou positivos asintomáticos non poderán asistir ao centro.

Casos confirmados como positivos con calquera proba diagnóstica (PCR, antíxenos, autotest), deberán gardar unha cuarentena de 7 días (incorporaranse se non teñen síntomas nos últimos 3 días da cuarentena) sen ter que realizar ningún tipo de nova proba para a alta. Igual que os contactos estreitos sen a pauta completa.

Deben notificar ao Sergas (se se detectou cun autotest) no teléfono 881540045 ou directamente https://coronavirus.sergas.es/Contidos/Autodeclaracion-caso-sospeitoso-COVID

Nos centros educativos xa non se considera a ningunha persoa como contacto estreito, como criterio xeral. Estudarase cada caso concreto (inmunodeprimidos, embarazadas… ou se se trata dun gromo superior a 4 casos nun grupo ou actividade).

Cando xurda un caso no grupo do seu/súa fillo/a, chegaralles un aviso para aumentar a vixilancia. Esto significa estar máis atentos ás posibles sintomatoloxías, intensificar o correcto uso da máscara, reducir os contactos sociais non acudindo a eventos ou actividades de contacto durante unha semana. En caso de que algún/ha alumno/a sexa inmunodeprimido debe poñelo en coñecemento da persoa responsable covid do Centro.

Se o positivo comparte mesa no comedor coa súa crianza, debe evitar facer uso do servizo durante 3 días, e reincorporarse se non ten síntomas.