Daily Archives: 10 enero, 2022

Axudas e actividades formativas

Axudas aluguer social En caso de que algunha familia teña interese en solicitala dende o departamento de servicios sociais axudásmoslle a facer os trámites.

Seminario de defensa persoal feminina Data: Sábado 12 de febreiro Hora: de 10h a 14h Lugar: Pabillón Barraña Destinatarias: Mulleres de 14 a 70 anos Coste: Gratuíto  

Obradoiro sobre trastornos da alimentación Data: mércores 23 de febreiro  Hora: de 16.30h a 20.30h Lugar: Centro Social de Boiro Destinatarias: Calqueira persoa interesada Coste: Gratuíto    

Para calqueira dúbida ou Inscricións (indicar nome e apelidos, Dni, data nacemento, enderezo e teléfono de contacto) mail: cim@boiro.org tlf: 981844800 ext 1285

OUTRAS

A área de patrimonio e contratación organiza os días 13, 14 e 15 de xaneiro  as IV xornadas a luz da ciencia: pensamento científico e xénero,  que  en coordinación coa área de Igualdade ,centraranse na perspectiva de xénero e ciencia nas aulas, realidade laboral e teito de cristal e o enfoque na comunicación científica. Estes encontros científicos están deseñados nesta cuarta edición, para reflexionar sobre as fendas de xénero que están vixentes no eido da práctica profesional e investigadora das disciplinas científicas, achegando visións desde tres eidos diferentes: as aulas e o proceso formativo, a lexislación e a realidade profesional, e a divulgación e a comunicación científica.

Achegámosvos o enlace con toda a información agardando que sexan do voso interese e poidamos neses días vernos nas diferentes actividades que se celebran  e poder así avanzar na superanción dunha fenda de xénero que lonxe de superarse agravouse coa chegada da pandemia.

As  asistencia é gratuíta e o aforo limitado. A inscrición á xornada debe realizarse a través dun formulario que aparece no enlace que tes abaixo.

https://www.dacoruna.gal/patrimonio/aulas-cientificas-2021/iv-xornadas-luz-da-ciencia?utm_source=Banner&utm_campaign=Contidos%20destacados&utm_medium=Web

Xosé L. Penas Corral
Deputado de patrimonio e contratación