Daily Archives: 8 abril, 2021

FORMACIÓN PARA FAMILIAS

Estimadas Familias,

Nas dúas reunións previas do Consello Escolar Municipal, os/as  representantes, tanto dos centros de ensino como das ANPAS puxeron de manifesto que tiñan demandas das familias do alumnado respecto de ter acceso á formación e asesoramento tecnolóxica, dado que varios pais/nais non contan con formación ou teñen un nivel moi básico que lles impide traballar cos ordenadores, para, por exemplo, buscar información para axudar as súas crianzas a facer os deberes ou traballos, ou  mandar un e-mail  para poñerse en contacto cos profesores, para baixar impresos das web do centro, etc.

Por este motivo poñémonos en contacto con vostedes, para informarlles que o Departamento de Educación do Concello de Boiro,  pon á súa disposición o servizo do Axente TIC para poder asesorarlles ou ensinarlles no manexo tecnolóxico (ordenadores), en todas aquelas dificultades que teñan. O fin principal destas clases é o de que, vostedes, podan defenderse e xestionar a vida escolar das súas crianzas (comunicación cos profesores, clases online, búsqueda de información en internet, etc.).

Esta formación impartirase en xullo e agosto 2021 de forma grupal e incluso individual e de maneira gratuíta.

Se queren participar so teñen que facer una sinxela solicitude: mandar un e-mail a axentetic@boiro.org  cos seus datos e teléfono de contacto e indicando cal é a súa necesidade. De seguido, o axente poñerase en contacto con vostedes para concretar tanto a formación como os horarios da mesma. E dicir, acordarán tanto os contidos, coma os horarios das clases.

Se non pode facelo a través do enderezo electrónico pódense dirixir: ao Centro Social de Boiro (Alberto ou Samuel), á Casa de Cultura de Boiro (Elena ou Manola) e/ ou ao Centro Social de Cabo de Cruz (Pitusa),  onde lle axudaran a cursar a solicitude sen ningún compromiso.

Aproveitamos para informarlles que o Departamento de Educación do Concello de Boiro ten un blog onde vostede pode ter información do seu interese (formación, teléfonos e e-mail de contacto, subvencións, etc.) BLOG: educacionboiro.blogspot.com

Sen outro particular, esperando que esta formación e asesoramento lles sexa de axuda, reciban un cordial saúdo

Concellería de Educación