Daily Archives: 14 abril, 2021

ENQUISA CONVIVENCIA

Abrir este enlace ( https://www.edu.xunta.gal/convfamil ) e introducir o código que lles entregará o alumnado.

De acordo co establecido no Decreto 8/2015, do 8 de xaneiro, polo que se desenvolve a Lei 4/2011, do 30 de xuño, de convivencia e participación da comunidade educativa en materia de convivencia escolar, constituíuse o Consello para a Convivencia Escolar da Comunidade Autónoma de Galicia e aprobouse a Estratexia Galega de Convivencia Escolar 2015-2020: educonvives.gal. No marco desta estratexia realizáronse no 2015 e no 2019 as enquisas de diagnose que permitiron identificar os puntos fortes e febles na xestión da convivencia e na resolución de conflitos nos centros educativos.

Transcorrida esta etapa é necesario elaborar unha nova estratexia de convivencia para o período 2021-2025. Neste contexto, faise necesario a realización dunha nova enquisa de diagnose de convivencia de carácter censal e que terá unha periodicidade bianual.

A recollida de datos farase mediante unha ferramenta informática en liña, de xeito automatizado e totalmente anónimo. Para garantir este aspecto despregaranse diversas solucións tecnolóxicas e de procedemento entre as que destaca o acceso á propia ferramenta de recollida de datos.

Para garantir a seguridade do proceso a aplicación utiliza un certificado de seguridade da Fábrica Nacional de Moeda e Timbre que pode non ser recoñecido por todos os navegadores. Se recibe unha mensaxe de alerta non se preocupe. Pode confiar plenamente na seguridade da páxina.