Daily Archives: 22 abril, 2021
«O mundo máxico de Antón»
A madrugada do 2 de abril, o cole iluminouse de azul para celebrar o Día Mundial de Concienciación do Autismo.
Non existindo no presente curso a posibilidade doutro tipo de celebración, é polo que o Departamento de Orientación do centro pensou en aproveitar a oportunidade de contar, desde esta semana e ata finais de curso, coa exposición de debuxos de Antón Romero Piñeiro, un pequeno ilustrador con Trastorno do Espectro Autista (TEA) que nos amosa o seu mundo máxico a través de cada unha das súas representacións.
Os Resentidos, mítica banda galega de música pop e rock, incluíu nalgún vídeo clip do seu último traballo, Organización Nautilus, os debuxos realizados por Antón, representada unha mostra destes no seguinte vídeo:
Desde o Departamento de Orientación propoñemos a cada escolar do centro a oportunidade de descubrir a súa maxia e facernos partícipes desta nun espazo reservado para ese fin dentro da exposición “O mundo máxico de Antón”.