COLABORACIÓN DAS FAMILIAS COA BAIABIBLIO
Como xa sabedes, o mércores é o día das familias na Baiabiblio.
Para despedir o ano, queriamos realizar unha actividade especial na tarde do mércores 16.
Seguro, seguro, que a algún papá, mamá, avó, avoa, tío, irmá… apetécelle contarnos un conto, ou cantarnos unha canción, ou…
Animádevos e poñédevos en contacto con algún profe do equipo de biblioteca o mércores 9 pola tarde ou no recreo, entrada, saída…
Boas,
Despois de estar a falar con vos do conto pra semán… pensei se habería unha versión máis axeitada pra «exponer» e atopei no blogue das Bcas. Escolares Xunta https://www.edu.xunta.es/biblioteca/blog/?q=node/608 ésta versión dun CEIP de Baralla https://docs.google.com/file/d/0B5tq6KkoitcTMHpVZ3lYc3ZXZzg/edit?pli=1 non sei se tendes Kamishibai no centro, sería ideal usar o grande A3 (téñeno na Bca. Mpal.) nós temos o pequeno A4, ¿queredes que cambiemos a contada? nese caso teríades que imprimir o conto a cor por ambas caras se é posible en cartolina (podo mandar ún de modelo) e pasármelo cún pouco de marxen pra q poda practicar algo… xa me decides.
E aquí temos outro https://biblioxuvencos.wordpress.com/2012/12/20/kamishibai-sobre-o-apalpador/ 😉 que xenerosas estas bibliotecas escores!! pra o ano, con mais tempo xa vos animades vos a traballar o «Proxecto» que é o xermen dos Power-Point (ou o que toque) do futuro destes nenos non?
ou… se cadra algo xa faláchedes que me contóu a nena
Boas noites.
Parécenos moi boa idea a exposición do conto a través do kamishibai. Xa estamos preparando todo o material para a súa realización.
Ademais, temos en mente algunha actividade máis(canción, marcapáxinas…) para complementar.
Moitas grazas pola vosa colaboración.
Un saúdo.