Category Archives: BIBLIOTECA
Obradoiro día da Paz
RECURSOS LETRAS GALEGAS 2021
BAIA RADIO. DÍGOCHO EU!
ACTIVIDADES DÍA DO LIBRO

O equipo de dinamización da biblioteca do centro organizou e coordinouse co departamento da biblioteca do concello en diferentes actividades que iremos engadindo nesta entrada:
APADRIÑAMENTO LECTOR
Este curso, por mor da pandemia, os padriños e madriñas do alumnado da Galiña Azul, Educación Infantil e 1º e 2º de Primaria, non puideron contar persoalmente un conto aos seus afillados. No seu lugar, gravaron uns vídeos que os máis pequeños recibiron con gran ilusión.
BAIA RADIO. DÍGOCHO EU!
VACINAS MÁXICAS E RECOLLIDA DE ALIMENTOS
DÍA DA PAZ E A NON VIOLENCIA

Co gallo da celebración do día da PAZ e a NON VIOLENCIA, realizamos distintas actividades no centro:
– A cuarta emisión deste curso do programa BAIA RADIO, a cargo do alumnado de 6ºC.
– Campaña de recollida de alimentos:
No ano 2020, o Premio Nobel da Paz foi outorgado ao Programa Mundial de alimentos da ONU polos seus esforzos na loita contra a fame no mundo. Nós quixemos colaborar con este gran labor organizando unha campaña de recollida de alimentos, en colaboración co «Banco de Alimentos Rías Altas».
Para elo, elaboramos carteis anunciando a iniciativa.

