Archivos día 16 diciembre, 2015

Panxoliñas 2015

O alumnado do CEIP Santa Baia vos quere felicitar este Nadal con estas fermosas panxoliñas!!!!

I Concurso de Nadal – A.A.M. de Historia Natural USC

 

A Asociación de Amigos do Museo de Historia Natural da USC solicita a súa colaboración para a difusión do I Concurso de Nadal que organiza esta asociación, do que se adxunta cartel informativo:

http://revistas.usc.es/export/sites/default/museohn/descargas/I_1_Concurso_de_Nadal_AAMHN.pdf

 

BASES DO CONCURSO

Formato: Unha folla  A4 ( incluído texto e ilustracións), en papel ou dixital. O texto deberá ser breve, en Times New Roman 12 ou outra letra de tamaño similar  e as ilustracións orixinais ( debuxos ou fotografías)

Tema:  Sobre o tema xenérico “minerais” os concursantes poderán elixir  libremente calquera  temática relacionada con  algún mineral (usos, tipos, propiedades, lendas,…).

Categorías: Establécense 4 categorías, diferenciadas pola idade dos concursantes

  • De 5-8 anos
  • De 9-13 anos
  • De 14 a 17 anos
  • De 18 ou mais anos

Prazo de presentación dos traballos: Do 21 decembro de 2015 ata o 8 de xaneiro de 2016.

Lugar de presentación dos traballos:  Na recepción do Museo de Historia  Natural da USC . Parque de Vista Alegre. 15782 Santiago de Compostela ou por correo electrónico no enderezo museohn@usc.es, facendo constar en asunto I Concurso de Nadal AAMHN

Proclamación dos gañadores: A derradeira semana de xaneiro de 2016

Entrega dos premios: A data e formato do acto de entrega de premios comunicarase aos concursantes despois da data de proclamación dos gañadores.

Os  gañadores terán de premio unha tablet e todos os participantes recibirán un diploma da súa participación no concurso.

 

Como apoio para o concurso  recoméndase a visita á exposición temporal, de entrada libre, “A colección mineralóxica Joaquín Pardo no Museo de Historia Natural da USC”. Tamén no mesmo museo, na sala de Xeodiversidade da exposición permanente hai unha abondosa exhibición de minerais.

 

Un cordial saúdo

Juan Viaño Rey

Presidente da Asociación Amigos do Museo de Historia Natural da USC